Jesús Vázquez Gayoso
Jesús Vázquez Gayoso | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1909 |
Lugar de nacemento | Vilaoudriz |
Falecemento | 9 de maio de 1970 |
Lugar de falecemento | Cidade de México |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, escritor e político |
Irmáns | Juan Vázquez Gayoso |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jesús Vázquez Gayoso, nado en Vilaoudriz (A Pontenova) o 5 de abril de 1909 e finado en Cidade de México o 9 de maio de 1970, foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Jesús Vázquez Vázquez. Estudou Dereito na Universidade de Oviedo e doutorouse na Universidade Central de Madrid en 1931, especializouse en dereito indiano. Foi axudante de clases prácticas na Facultade de Dereito e técnico do Instituto de Reformas Agrarias.[1] Colaborou en Las Riberas del Eo. Participou en política, militando no Partido Radical Socialista polo que se presentou ás eleccións de novembro de 1933 pola provincia de Lugo e figurando en 1934 entre os fundadores de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado secretario técnico de gobernación e alistouse voluntario no Corpo de Carabineros, no que chegou a comandante. Cando rematou o conflito atravesou os Pireneos a pe[2] e pasou a Francia, desde onde marchou á Habana en xuño de 1939.
Comezou a colaborar no diario Pueblo (ás veces co pseudónimo Antón D'Alence), con Álvaro de Albornoz fundou a revista antifranquista Nuestra España e foi profesor de dereito na Universidade da Habana. En xaneiro de 1940 foi nomeado presidente de Amigos de la República Española e tamén foi profesor de dereito da Universidade de Panamá (1941-1945) e da de Caracas (1945-1951). En 1945 foi nomeado cónsul xeral en Caracas do goberno da República española no exilio, cargo que aproveitou para mellorar as condicións dos refuxiados españois en toda América Latina e conseguir os visados[3]. Despois do golpe de estado contra Rómulo Gallegos en 1948 marchou a México, onde residiu ata a súa morte. A partir de 1959 formou parte do Consello Supremo da organización antifranquista España Errante. Foi ministro delegado no goberno republicano no exilio de Emilio Herrera Linares (1960-1962).
Obras[editar | editar a fonte]
- Visión de un mundo nuevo: Mensajes de España, 1941 (con prólogo de Álvaro de Albornoz).
- Luz en el alma, 1969 (publicado baixo o pseudónimo Antón D'Alence).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Jesús Vázquez Gayoso. Evocación y homenaje" por Alfonso Ayensa en España Libre, 1-5-1971, p. 3.
- ↑ Historical Background
- ↑ Exiliados, víctimas del olvido en progreso.es, 30 de maio de 2010
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Domingo Cuadrillero, Jorge (2009). Siglo XXI, ed. El exilio republicano español en Cuba. Madrid. pp. 520–521. ISBN 978-84-323-1387-5. Consultado o 7 de marzo de 2014.
- Domingo Cuadrillero, Jorge (2002). Renacimiento, ed. Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla. p. 169. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 7 de marzo de 2014.