Jean Harlow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean Harlow
Jean Harlow in Red Dust trailer.JPG
Nome completoHarlean Harlow Carpenter
Nacemento3 de marzo de 1911
LugarKansas City, Missouri
Falecemento7 de xuño de 1937 (26 anos)
LugarOs Ánxeles
Causainsuficiencia renal
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Educada enLake Forest Academy
Cónxuxe(s)Charles McGrew (1927-1929)
Paul Bern (1932-1932)
Harold Rosson (1933-1934)
ProfesiónActriz
editar datos en Wikidata ]

Jean Harlow (born Harlean Harlow Carpenter, nada en Kansas City (Missouri) o 3 de marzo de 1911 e finada nos Ánxeles o 7 de xuño de 1937 foi unha actriz estadounidense, sex symbol da década de 1930.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pequena alcumárona "The Baby", nome que levaría toda a súa vida. A súa nai, coa que sempre estivo moi achegada era extremadamente protectora. Cando se divorciou do seu marido quedou coa custodia total da rapaza, que apenas volvería ver o seu pai. En 1923 mudouse coa súa filla a Hollywood coa esperanza de converterse en actriz, pero con 34 anos era demasiado vella para iniciar unha carreira cinematográfica.

Jean foi ao colexio con Douglas Fairbanks, Jr., Joel McCrea e Irene Mayer Selznick, pero cando os cartos diminuíron víronse obrigadas a volver a Kansas City. No colexio Ferry Hall School en Lake Forest, Illinois Harlow coñeceu a Charles "Chuck" McGrew, rico herdeiro de dezanove anos que casou con dezaseis anos e co que marchou a vivir a Beverly Hills. A parella divorciouse en 1929.

A través da súa amiga Rosalie Roy, aspirante a actriz, e coa insistencia da súa nai, Harlow conseguiu o seu primeiro traballo no filme Honor Bound, que a levou a conseguir un contrato de cinco anos con Hal Roach Studios. Porén o contrato rompeuse o ano seguinte.

En 1929 Howard Hughes estaba volvendo rodar algunhas escenas de Hell's Angels para adaptalo ao cinema falado e necesita unha actriz para substituír a Greta Nissen, que tiña un forte acento noruegués. Harlow fixo unha proba e foi contratada. O filme converteu a Harlow nunha estrela internacional, popular entre o público e non tantoentre a crítica.

En 1931 interveu en Platinum Blonde, con Loretta Young, título que se lle puxo o filme Gallagher polos publicistas de Hughes para promover a Harlow. A súa cor de cabelo foi imitada por moitas das súas fans. O contrato con Metro-Goldwyn-Mayer converteuna ademais nunha das actrices mellor pagadas do momento.

Pouco despois, o seu marido foi Paul Bern foi atopado morto dun disparo e inicialmente especulouse con que Harlow o matara. Finalmente o caso arquivouse como suicidio, pero foi un escándalo que continuou co inicio dunha relación entre Harlow e o boxeador Max Baer, que aínda estaba en trámites de divorcio da súa dona, que acusou a Harlow de adulterio. Como o estudio non quería máis escándalos arredor súa, obrigouna a casar co seu amigo Harold Rosson, do que se divorciou oito meses despois.

En 1935 era a actriz máis comercial da MGM e rodou o seu primeiro musical, no que foi dobrado pola cantante Virginia Verrill.

En 1936 viaxou co elenco de Personal Property a Washington, D.C. para celebrar o 55 aniversario do presidente Franklin D. Roosevelt. A viaxe foi esgotadora para Harlow e contraeu a gripe, se ben, recobrouse para acudir á cerimonia dos premios Oscar xunto co seu namorado, William Powell.

En marzo de 1937 debía iniciar a rodaxe de Saratoga, con Clark Gable co que compartira pantalla en varias ocasións. Porén, a produción foi atrasada porque adquiriu septicemia trala extracción dunha moa do xuízo e tivo que ser hospitalizada. En maio, xa na rodaxe comezou a sentirse enferma, mais os seus síntomas non lle pareceron graves ao seu doutor, que lle diagnosticou colecistite e gripe, semellando non coñecer a enfermidade anterior. Durante a filmación dunha escena na que a súa personaxe tiña febre notábase máis enferma do que debía amosar e finalmente díxolle a Gable “síntome fatal. Lévame ao meu camerino”. Con breves períodos de mellora, o 6 de xuño non vía ben e tiña dificultades para respirar, e o médico finalmente deuse de conta de que sufría algo grave.

Ingresárona no Good Samaritan Hospital dos Ánxeles, onde cae en coma. Finou o día seguinte, as 11.37 da mañá aos vinte e seis anos. Os informes dos médicos indicaron que a causa do pasamento foi un edema cerebral e un fallo renal. Foi enterrada no Forest Lawn Memorial Park nunha tumba coa inscrición "Our Baby".

A MGM planeou substituír a Jean Harlow en Saratoga con Jean Arthur ou Virginia Bruce, pero a causa das obxeccións do público acabou o filme con dúas dobres de corpo e unha de voz e reescribindo algunhas escenas. Foi estreado o 23 de xullo de 1937, un mes despois da morte de Harlow e foi un éxito comercial.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Viera, Mark A.; Rooney, Darrel (2011). Angel City Press., ed. Harlow in Hollywood: The Blonde Bombshell in the Glamour Capital, 1928–1937. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]