Jazz (danza)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

O jazz dance é un estilo de danza que utiliza a música Jazz e que combina elementos do Ballet, Contemporáneo, Hip-Hop, Danza moderna, Claqué e Charleston entre outros. Por iso, é considerada unha danza de elevada dificultade. Na actualidade, é practicado e coñecido en todo o mundo aínda que está moito máis estendido en Broadway.

Orixe e historia[editar | editar a fonte]

A palabra jazz provén do termo francés jasm que significa vitalidade, debido a que esta danza ten uns ritmos cambiantes, que recordan a propia vida humana, polo tipo de música que utiliza. Tamén se relaciona co teatro pola gran expresividade dos bailaríns e coa flexibilidade debido á velocidade dos pasos e á complexidade destes.

Podemos considerar que o jazz como danza ó longo da historia ten dúas vertentes, unha como danza social e outra como artística.

Con respecto á primeira podemos dicir que xorde con anterioridade ó século XIX, aínda que non se sabe exactamente a súa data porque sufriu un longo período de evolución que continúa na actualidade. O que si se sabe con absoluta certeza é que ten a súa orixe nas danzas negras desta época, en concreto, foron os escravos levados a América os que crearon, en Nova Orleans, esta danza. Máis adiante, en 1910, é cando se comeza a estender á xente branca, pero con moitos cambios, producidos a mediados do século XX, que fan que se mesture e adquira elementos doutras modalidades como o Ballet, a danza Contemporánea e o Claqué. Deste xeito, créanse os distintos estilos do jazz e produce influencia noutros como o Fox-trot, que é unha danza de parella acompañada da música Jazz.

O jazz como danza artística comeza coa danza teatral dos séculos XIX e XX e ten o seu gran desenvolvemento en 1940. Así, remata consolidándose unha danza que presenta a técnica do ballet pero con moita máis ambigüidade ó permitir movementos máis amplos e menos precisos. Ademais, ó presentar unha gran expresividade fai que se vexa como unha danza ás veces cómica e ás veces íntima pola súa gran liberdade.

Estilos[editar | editar a fonte]

Latin Jazz[editar | editar a fonte]

Xorde cos migrantes latinoamericanos que se trasladan a vivir ós Estados Unidos de América, deste xeito combínase o Jazz Americano cos ritmos afrocubanos. Nesta danza existe moita influencia da salsa, merengue, mambo, lambada ou samba mesturados coa técnica, forma corporal e improvisación do Jazz.

Modern Jazz[editar | editar a fonte]

Neste estilo, o jazz combínase co Ballet e así xorden movementos con moito traballo no chan e con pasos cunha elevada técnica pero sempre acompañados de música comercial, o que produce unha maior estética e libre interpretación do movemento.

Jazz Funk[editar | editar a fonte]

Tamén chamado Funky Jazz ou Street Jazz, combina o jazz con movementos do Hip-Hop, caracterízase pola súa enerxía, coordinación, fluidez, rapidez do movemento e o traballo cara ó exterior, é dicir, cara ó público. A música adoita ser con percusións electrónicas ou acústicas moi fortes e ritmos cambiantes, o que orixina moitos contratempos no baile.

Broadway[editar | editar a fonte]

Pódese dicir que este é o estilo máis practicado dentro do Jazz, xa que é o que se usa nos musicais. Xorde tras a fusión do ballet, o moderno e o jazz co teatro. Deste xeito, caracterízase por usar moito as mans, bastóns e sombreiros para aumentar a expresividade. Moitas veces combinase con narracións.

Lyrical Jazz[editar | editar a fonte]

Este estilo caracterízase pola súa elevada expresión, de feito o seu nome fai referencia a isto mesmo, xa que a poesía lírica é moi sentimental e apaixonada. Ademais, o seu risco principal é que os pasos da coreografía sempre van ó ritmo da música, esta adoita ter letra para que o ritmo sexa moito máis marcado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]