Saltar ao contido

Monumento a Jan Hus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento a Jan Hus
Staré Město Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    pomník Mistra Jana Husa (cs) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Movemento
 Representa a
 Situación patrimonial
 Material / ingrediente
Implicados
 Mantido por
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1915 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
6 de xullo de 1915 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
 Localización
 Rúa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03bzzqx Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Monumento a Jan Hus (en checo: Pomník mistra Jana Husa) atópase no centro da praza da Cidade Vella de Praga. A colocación da primeira pedra tivo lugar en 1903 e foi inaugurado, aínda que non oficialmente, o 6 de xullo de 1915 con ocasión do quinto centenario da morte na fogueira do reformador.

Hus mira de pé a igrexa da nosa Señora de Týn, principal templo husita entre 1419 e 1421. Rodéano, por unha banda, guerreiros husitas e, polo outro, unha serie de figuras que representan ó pobo checo obrigado a abandonar o país en 1620 trala derrota dos protestantes na batalla da Montaña Branca.

As inscricións, tomadas algunhas de textos do propio Hus, foron engadidas trala fundación en 1918 da República de Checoslovaquia.[1][2]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
«Por amor á patria e a nación».

En 1892, convocouse un concurso para a realización dun primeiro monumento a Jan Hus en Praga. O proxecto gañador, obra do escultor checo Vilém Amort, nunca chegou a realizarse.

  1. ↑ "Monumento a Jan Hus". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2020. Consultado o 20 de febreiro de 2020.
  2. ↑ "Monumento a Jan Hus en la Plaza de la Ciudad Vieja". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2020. Consultado o 20 de febreiro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sharon L. Wolchick, "Czechoslovakia,” in Eastern Europe: Politics, Culture, and Society since 1939, ed. Sabrina P. Ramet (Bloomington: Indiana University Press, 1998).
  • Constructing Nationalities in East Central Europe, eds. Pieter M. Judson and Marsha L. Rozenblit (Nova York: Berghahn Books, 2005).