Jamsetji Tata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jamsetji Tata
Nacemento3 de marzo de 1839
Lugar de nacementoNavsari
Falecemento19 de maio de 1904
Lugar de falecementoBad Nauheim
SoterradoCemitério de Brookwood
NacionalidadeImperio Británico
RelixiónZoroastrismo
Alma máterUniversidade de Bombaim e Elphinstone College
Ocupaciónemprendedor
PaiNusserwanji Ratan Tata
NaiJeevanbai Tata
CónxuxeHirabai Daboo
FillosDorabji Tata e Ratanji Tata
Na rede
WikiTree: Tata-24 Find a Grave: 178308768 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jamsetji Nasarwanji Tata (en gujarati: જમ્શેત્જી નુંસ્સેર્વાનજી ટાટા), nado en Navsari o 3 de marzo de 1839 e finado en Bad Nauheim (Alemaña) o 19 de maio de 1904, foi un magnate indio que fundou o Grupo Tata, o maior conglomerado empresarial da India. Por iso, Jamsetji Tata é considerado o pai da industria da India.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Jamsetji Tata naceu nunha familia parsi en Navsari, pequena localidade ao sur de Gujarāt. O seu pai, Nasarwanji Tata, foi o primeiro empresario nunha familia de sacerdotes zoroastristas. Comezou como comerciante en Bombai. Jamsetji uniuse ao seu pai nesa cidade aos catorce anos.

Estudou no Elphinstone College da Universidade de Bombai. Casou con Hirabai Daboo,[2] cando aínda era estudante.[3] Graduouse en 1858 e uniuse á compañía do seu pai. Foi unha época turbulenta para facer negocios, pois a rebelión na India de 1857 acababa de ser suprimida polo goberno británico.

Negocios[editar | editar a fonte]

Estatua de J. N. Tata no Indian Institute of Science.

Jamsetji trabalou na empresa do seu pai ata os vinte e nove anos. En 1868 fundou unha empresa cun capital de 21 000 rupias. O ano seguinte mercou un muíño en creba en Chinchpokli, ao sur de Bombai, e converteuno nunha fábrica de algodón que renomeou "Alexandra Mill". Dous anos máis tarde, vendeu a fábrica cunha boa ganancia. Despois estableceu unha fábrica de algodón en Nagpur en 1874, que bautizou como "Emperatriz" o 1 de xaneiro de 1877 cando a raíña Vitoria foi proclamada emperatriz da India.

Dedicouse a levar a porto catro das súas ideas clave: a creación dunha empresa siderúrxica, unha institución de ensino de clase mundial, un hotel único no seu tipo e unha planta hidroeléctrica. Só se converteu en realidade unha das ideas durante a súa vida: o [[Hotel Taj Mahal foi inaugurado o 3 de decembro de 1930 no distrito de Colaba en Bombai.[4][5]

Non obstante, as bases fundadas por el e o traballo arduo dos seus sucesores aseguraron que cada unha das ideas fosen finalmente establecidas co tempo e son entidades respectadas nos seus campos:

Falecemento[editar | editar a fonte]

Mentres estaba nunha viaxe de negocios en Alemaña, Tata enfermou gravemente e faleceu en Bad Nauheim o 19 de maio de 1904. Foi sepultado nun cemiterio parsi en Woking, Inglaterra.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Tata casou Hirabai Daboo. Os seus fillos, Dorabji Tata e Ratanji Tata, sucederon a Tata como director de Tata Group.

Un curmán de Tata foi Ratanji Dadabhoy Tata, que desempeñou un importante papel no establecemento do Tata Group. A súa irmá Jerbai, a través do seu casamento dun mercador de Mumbai, foi a nai de Shapurji Saklatvala, a quen Tata contratou para a procura con éxito de carbón e ferro en Bihar e Orissa. Saklatvala estableceuse máis tarde en Inglaterra, inicialmente para dirixir o despacho de Tata en Manchester e posteriormente chegou a ser membro do parlamento polo Partido Comunista de Gran Bretaña.[9] A través do seu primo Ratanji Dadabhoy, foi tío dos empresarios J. R. D. Tata e Sylla Tata, o primeiro casado con Dinshaw Maneckji Petit, segundo baronet de Petits.[10][11] A súa filla, sobriña de Tata, Rattanbai Petit, foi esposa de Muhammad Ali Jinnah, fundador de Paquistán.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jamshedji Tata, founder of TATA Industries
  2. "Family Tree of the Tatas". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 9 de setembro de 2006. 
  3. Tata Institute of Fundamental Research. "Biografía de Jamshetji Tata" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2012. 
  4. "Taj Hotels website" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2006. 
  5. "Biografía de Jamsetji Tata" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2006. 
  6. "Tata Steel website" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2005. Consultado o 9 de setembro de 2006. 
  7. "Homi Bhabha". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2008. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  8. "Tata Power website" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2006. 
  9. Oxford Dictionary of National Biography, Volume 48. Oxford University Press. 2004. pp. 675–676.  Artigo sobre Saklatvala por Mike Squires. No artigo aparece nomeado simplemente como J.N. Tata.
  10. "How Jinnah lost his love, and political relevance - Times of India". The Times of India. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  11. "Jinnah and Ruttie: Life, love and lament - Mumbai Mirror -". Mumbai Mirror. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  12. The life of Ruttie Jinnah in pictures

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]