Saltar ao contido

James McAvoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames McAvoy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Glasgow, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico romano Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio Real de Escocia (–2000)
St. Thomas Aquinas Secondary School, Glasgow (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión, actor de teatro, actor, actor de dobraxe, actor de cinema, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (2022–)
Anne-Marie Duff (2006–2016), divorcio Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoy McAvoy Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webjamesmcavoy.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0564215 Allocine: 85120 Rottentomatoes: celebrity/james_mcavoy Allmovie: p357725 TCM: 1193999 Metacritic: person/james-mcavoy TV.com: people/james-mcavoy
Instagram: jamesmcavoyrealdeal BNE: XX4605814 Musicbrainz: de4d6dd6-b782-484c-93a4-53f96e3b613d Discogs: 3551602 WikiTree: McAvoy-127 Editar o valor en Wikidata

James Andrew McAvoy nado o 21 de abril de 1979 en Glasgow é un actor de cine, televisión e teatro escocés. Tornouse coñecido polas súas participacións en filmes como The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe, The Last King of Scotland, Atonement e Wanted, tendo tamén participado en series televisivas como Band of Brothers e Shameless, nesta última, onde coñeceu a súa muller Anne-Marie Duff.

Biografía

[editar | editar a fonte]

James McAvoy naceu en Scotstoun, Glasgow. A súa nai, Elizabeth Johnstone, é enfermeira psiquiatra e o seu pai, tamén James McAvoy, obreiro. A súa irmá Joy forma parte da banda escocesa "Streetside". Os pais de James divorciáronse cando este tiña só sete anos, e foi entón cando se mudou para a casa dos seus avós maternos (Mary e James Johnstone), en Drumchapel. Asistiu á escola St. Thomas Aquinas, considerada unha escola católica, e durante seis anos ó Pace Youth Theatre. Graduouse no 2000 na "Royal Scottish Academy of Music and Drama".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
McAvoy no 2007.

A carreira cinematográfica de McAvoy comezou co filme de David Hayman The Near Room de 1995, e deseguido, en 1997, en Regeneration, de Pat Barkers. Aínda así, o actor gañou maior renome ó participar nas miniseries Band of Brothers e en Children of Dune (2003). No mesmo ano, participou en State of Play, de Paul Abbott, e no ano seguinte na serie de televisión Shameless, transmitida no Reino Unido no Channel 4, sendo nomeada esta última para o "British Comedy Award". En 2005, representou a personaxe Ben na obra "Breathing Corpses", no Royal Court Theatre, e no cinema interpretou o fauno no filme The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe. Tamén no 2005, participou no filme Wimbledon e na obra Macbeth.

No 2006, o actor tivo a oportunidade de actuar con Forest Whitaker no filme The Last King of Scotland, unha adaptación da novela homónima de Giles Foden, baseado na historia do poderoso ditador de Uganda Idi Amin, durante os anos 70. Este filme valeulle o nomeamento para un premio BAFTA ó mellor actor e o premio do European Film Awards ó mellor actor. McAvoy participou, no mesmo ano, en Starter for Ten.

No 2007, apareceu en dous filmes aclamados polos críticos, Becoming Jane e Atonement, sendo este último baseado na novela homónima de Ian McEwan. McAvoy foi nomeado ó Globo de Ouro pola súa participación neste filme. Máis tarde, o actor participou en Penelope xunto con Cristina Ricci e Reese Witherspoon no 2008.

No 2008, McAvoy acadou gran notoriedade ó protagonizar o filme Wanted ó lado de Angelina Jolie e Morgan Freeman.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
McAvoy e Anne-Marie Duff nos premios BAFTA na Royal Opera House de Londres. Febreiro de 2007.

Inicialmente McAvoy saíu coa actriz escocesa Emma Nielsen (nome artístico de Emma King). Eles comezaron a súa relación cando James tiña dezaseis anos, mais separáronse no 2003. Despois, el casou coa actriz Anne-Marie Duff, que coñeceu no elenco da serie Shameless. Eles actualmente viven en Stroud Green, en Londres. O 16 de xuño, Duff deu a luz o primoxénito da parella.

Unha das grandes paixóns de McAvoy é a ciencia ficción, que comezou a partir dos 11 anos de idade ao ler O Señor dos Aneis. Fóra da ciencia ficción o seu maior interese é o fútbol. Tamén é un gran seareiro do Celtic Football Club, afirmando que o papel dos seus soños sería interpretar o lendario Jimmy Johnstone. Por outra banda, non se considera católico practicante, mais si unha persoa espiritual.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Papel Notas
1995 The Near Room Kevin Savage
1997 An Angel Passes By Local boy Curtametraxe
1997 Regeneration Anthony Balfour
2001 Swimming Pool Mike
2003 Bright Young Things Conde de Balcairn
2003 Bollywood Queen Jay
2004 Wimbledon Carl Colt
2004 Strings Hal Tara (voz)
2004 Inside I'm Dancing Rory O'Shea
2005 The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe Mr. Tumnus
2006 The Last King of Scotland Dr. Nicholas Garrigan
2006 Starter for 10 Brian Jackson
2007 Becoming Jane Thomas Lefroy
2007 Penelope Johnny Martin/Max Campion
2007 Atonement Robbie Turner
2008 Wanted Wesley A. Gibson
2009 The Last Station Valentin Bulgakov
2011 Gnomeo & Juliet Gnomeo (voz)
2011 The Conspirator Frederick Aiken
2011 X-Men: First Class Profesor Charles Xavier
2011 Arthur Christmas Arthur (voz)
2013 Welcome to the Punch Max Lewinsky
2013 Trance Simon Newton
2014 The Disappearance of Eleanor Rigby Conor Ludlow
2013 Filth Bruce Robertson
2014 Muppets Most Wanted Delivery Man Cameo
2014 X-Men: Days of Future Past Profesor Charles Xavier Papel compartido con Patrick Stewart
2015 Victor Frankenstein Victor Frankenstein

Galardóns e Nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Globo de Ouro ó mellor actor dramático Atonement Nomeado
Ano Categoría Filme Resultado
2007 BAFTA ó mellor actor Atonement Nomeado
2006 BAFTA ó mellor actor secundario The Last King of Scotland Nomeado
2005 Premio Orange á estrela emerxente Gañador
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actor Atonement Nomeado
2007 Mellor actor The Last King of Scotland Nomeado

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]