X-Men: Days of Future Past
X-Men: Days of Future Past é un filme de superheroes dirixido por Bryan Singer que se estreou no 2014. Baséase nos personaxes ficticios de X-Men que aparecen en Marvel Comics. É o sétimo filme sobre os X-Men e é unha secuela tanto de X-Men: The Last Stand (2006) como de X-Men: First Class (2011). A historia, inspirada na trama de 1981 "Days of Future Past" creada por Chris Claremont e John Byrne, céntrase en dous períodos temporais e na viaxe de Lobeto a 1973 para salvar o futuro da humanidade. Neste filme actúan actores como Hugh Jackman, James McAvoy, Michael Fassbender, Jennifer Lawrence, Halle Berry, Anna Paquin, Elliot Page, Nicholas Hoult, Shawn Ashmore, Peter Dinklage, Ian McKellen e Patrick Stewart. Simon Kinberg escribiu o guión a partir dunha historia concibida por el, Matthew Vaughn e Jane Goldman.
Trátase dunha coprodución británico-estadounidense cun orzamento de $200 millóns. A rodaxe comezou en Montreal, Canadá, en abril de 2013 e rematou en agosto do mesmo ano. A estrea fíxose na cidade de Nova York o 20 de maio de 2014, e nos cines o 23 de maio.
X-Men: Days of Future Past recibiu boas críticas, converténdose no mellor valorado da serie X-Men. Salientan o seu fresco estilo visual e a súa trama. Tamén é o filme con maior recadación da serie, con $736 millóns en todo o mundo. A súa secuela, X-Men: Apocalypse, estreouse no 2016, con Singer como director.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os X-Men loitan pola supervivencia dos mutantes nunha guerra que se desenvolve en épocas diferentes. Os personaxes da triloxía cinematográfica orixinal de “X-Men” unen as súas forzas ás que eles mesmos posuían no pasado, cando eran máis novos , para cambiar un importante acontecemento histórico e librar unha épica batalla que podería salvar o futuro.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hugh Jackman como Lobeto; un mutante con curación acelerada, sentidos agudizados e esqueleto e gadoupas de adamantium.[1][2]
- James McAvoy e Patrick Stewart como Charles Xavier / Profesor X; o telépata máis poderoso do mundo.[3]
- Michael Fassbender e Ian McKellen como Erik Lehnsherr / Magneto; o mestre do mangetismo e "un dos máis poderosos mutantes da Terra."[4]
- Jennifer Lawrence como Raven Darkhölme / Mystique; unha mutante coa capacidade de cambiar de aparencia.[5]
- Halle Berry como Ororo Munroe / Storm
- Nicholas Hoult e Kelsey Grammer como Hank McCoy / Beast
- Anna Paquin como Marie / Rogue
- Elliot Page como Kitty Pryde
- Peter Dinklage como Bolivar Trask
- Shawn Ashmore como Bobby Drake / Iceman
- Omar Sy como Bishop
- Daniel Cudmore como Peter Rasputin / Colossus
- Evan Peters como Peter Maximoff / Quicksilver
- Fan Bingbing como Blink
- Adan Canto como Sunspot
- Booboo Stewart como Warpath
- Josh Helman como Maior William Stryker
Famke Janssen e James Marsden retoman os seus papeis como Jean Grey e Cyclops respectivamente nun cameo do filme.[6] Lucas Till aparece no seu papel de Alex Summers / Havok.[7] Evan Jonigkeit interpreta a Toad.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Wolverine Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Future Wolverine Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Future Professor X Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Future Magneto Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Mystique Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
- ↑ "X-Men Review Confirms Two Secret Cameos". Yahoo!. 12 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2014. Consultado o 14 de maio de 2014.
- ↑ "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Havok Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Empire X-Men: Days Of Future Past Exclusive - Toad Cover". Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- X-Men: Days of Future Past na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2014
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes de 2014 en 3D
- Filmes dirixidos por Bryan Singer
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de TSG Entertainment
- Filmes apocalípticos
- Filmes ambientados no futuro
- Filmes ambientados en Moscova
- Filmes ambientados en Vietnam
- Filmes sobre a Guerra do Vietnam
- Filmes distópicos
- Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América
- Filmes de X-Men
- Filmes de viaxes no tempo
- Filmes ambientados en 1973
- Filmes ambientados en 2023
- Filmes ambientados en Nova York
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América