Jacqueline du Pré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJacqueline du Pré

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xaneiro de 1945 Editar o valor em Wikidata
Oxford, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1987 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Esclerose múltiple Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGolders Green Jewish Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónGuildhall School of Music and Drama (en) Traducir
Croydon High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvioloncellista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata - 1973 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPau Casals, Paul Tortelier, Mstislav Rostropovich e William Pleeth (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAnssi Karttunen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés británico e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVioloncello e Davidov cello Stradivarius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEMI Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDaniel Barenboim (1967–1987) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1101307 Youtube: UCQHnls1E_9qibJ1ic1PGcXQ Spotify: 5VRErWhTZd0si1lqt1DwoW iTunes: 504158 Last fm: Jacqueline+du+Pré Musicbrainz: 6e26a58f-63e8-4397-8cb7-b9f46aedfd32 Discogs: 846290 Allmusic: mn0000093887 WikiTree: Du_Pre-899 Find a Grave: 7577039 Editar o valor em Wikidata

Jacqueline Mary du Pré, OBE, nada en Oxford o 26 de xaneiro de 1945 e finada en Londres o 19 de outubro de 1987, foi unha violoncellista británica, unha das máis prestixiosas do século XX.[1]

Esposa e compañeira musical do pianista e director arxentino Daniel Barenboim, tivo que retirarse á idade de 28 anos (en 1973) debido á esclerose múltiple que produciu a súa morte catorce anos máis tarde, cando só contaba 42 anos. Foi condecorada como oficial da Orde do Imperio Británico en 1976 e a súa interpretación do Concerto para cello de Edward Elgar é considerada referencial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia culta, Jacqueline du Pré era a mediana dos fillos do matrimonio. Tiña catro anos cando escoitou o cello por primeira vez, na radio. A partir dese instante o son do instrumento non a abandonou. Comezou a tomar leccións de música coa súa nai Ire du Pré. Dous anos máis tarde, empezou a recibir leccións en Londres, competindo musicalmente coa súa irmá Hilary, quen tocaba a frauta traveseira. Aos dez anos gañou un premio nun concurso internacional,[2] e aos doce realizou ao seu primeiro concerto na BBC de Londres.

Estudou con William Pleeth na Guildhall School of Music and Drama en Londres, con Paul Tortelier en París, con Mstislav Rostropovich en Rusia e con Pau Casals en Suíza.

Durante toda a súa carreira, du Pré tocou xunto con orquestras e solistas prestixiosos. Destacouse a súa interpretación do concerto para cello de Elgar xunto á Orquestra Sinfónica de Londres baixo a dirección de John Barbirolli en 1965. Para esta interpretación empregou un Stradivarius denominado Davidov de 1712 que lle foi ofrecido pola súa madriña e admiradora Ismena Holland.

A súa amizada cos músicos Itzhak Perlman, Zubin Mehta e Pinchas Zukerman e o seu matrimonio con Daniel Barenboim inspiraron un filme de Christopher Nupen. Os cinco denominábanse a eles mesmos como a mafia musical xudía.

No Nadal de 1966, Jaqueline coñeceu o pianista arxentino Daniel Barenboim; un ano despois, en 1967, casaron. Jacqueline converteuse ao xudaísmo para casar. O seu matrimonio foi unha das relacións máis frutíferas da historia musical, comparándose coa de Clara e Robert Schumann. Isto pódese constatar nos numerosos concertos que deu con Barenboim ao piano ou na dirección orquestral.

Catro anos máis tarde, en 1971, as capacidades de interpretación de Jacqueline diminuíron irreversibelmente cando a artista comezou a perder a sensibilidade e mobilidade dos seus dedos, debendo deter abruptamente a súa carreira, afectada pola esclerose múltiple.

No transcurso dos últimos anos da vida de Jacqueline, Daniel Barenboim instalouse en París coa pianista Elena Bashkirova. A súa doenza conduciuna finalmente á morte en Londres á idade de 42 anos. Daniel Barenboim estivo ao seu lado cando morreu. Ao ano do seu pasamento, en 1988, Barenboim casou con Elena, coa que xa tivera dous fillos, David (1983) e Michael (1985).

O seu violoncello, un Stradivarius Davidov 1712, foi adquirido por algo máis dun millón de libras pola Fundación Vuitton, que o deixou en préstamo ao violoncellista Yo-Yo Ma.[3]

Libro e filme[editar | editar a fonte]

O libro póstumo de memorias A Genius in the Family escrito polos seus irmáns Hilary e Piers du Pré serviu de argumento para a adaptación en 1998 do filme Hilary and Jackie, dirixido por Anand Tucker, que promoveu a popularidade do libro. O libro e o filme foron criticadao por facer sensacionalismo da vida privada de Jacqueline du Pré. No libro fálase dunha relación extramtrimonial co seu cuñado Christopher Finzi entre 1971 e 1972 cando foi visitar a familia de Hilary. Nunha entrevista, Finzi dixo que du Pré "o telefonou e pediulle que se pasase" para manter relacións sexuais.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Título Editora Ano Compositor(es)
Cello Concerto in E Minor, Op.85 / Concerto for Cello and Orchestra His Master's Voice 1965 Elgar, Delius
Cello Concerto / Sea Pictures His Master's Voice 1965 Elgar
Concerto for Cello and Orchestra / Songs of Farewell, for Double Chorus and Orchestra / A Song Before Sunrise Angel Records 1966 Delius
Cello Sonatas No. 3 in A, Op. 69 / No. 5 in D, Op. 102 No. 2 His Master's Voice 1966 Beethoven
Haydn: Cello Concerto in C / Boccherini: Cello Concerto in B Flat EMI, His Master's Voice 1967 Haydn, Boccherini
Cello Concerto / Cello Encores - Bach, Saint-Saëns, Falla, Bruch Angel Records, EMI 1967 Bach, Saint-Saëns, Falla, Bruch
The Two Sonatas for Cello and Piano His Master's Voice 1968 Brahms
Haydn: Cello Concerto in D / Monn: Cello Concerto in G Minor EMI, His Master's Voice 1969 Haydn, Monn
Cello Concerto in A Minor / Cello Concerto No. 1 in A Minor His Master's Voice 1969 Schumann, Saint-Saëns
Trio No.7 in B Flat Major, Op.97 "Archduke" His Master's Voice, EMI 1970 Beethoven
Beethoven Trios No. 1 in E Flat Major. Op. 1. No. 1 / No. 3 in C Minor Op. 1. No. 3 Vox Cum Laude 1970 Beethoven
Dvořák: Cello Concerto in B Minor & "Silent Woods" Adagio for Cello & Orchestra EMI, His Master's Voice 1971 Dvořák
Favourite Cello Concertos His Master's Voice, EMI 1971 Dvořák, Elgar, Haydn, Schumann
Chopin: Sonata in G Minor / Franck: Sonata in A Angel Records 1972 Chopin, Franck
Cello Concerto, Op. 85 / Enigma Variations CBS Masterworks 1974 Elgar
Beethoven: The Five Cello Sonatas "Magic Flute" and "Judas Maccabaeus" Variations His Master's Voice 1976 Beethoven
Peter and the Wolf, Toy Symphony Deutsche Grammophon 1980 Prokofiev, Leopold Mozart
A Jacqueline Du Pré Recital EMI, His Master's Voice 1982
Chopin: Cello Sonata in G Minor / Franck: Sonata in A EMI 1989 Chopin
Jacqueline Du Pré: Her Early BBC Recordings, Volume 1 EMI 1989 Bach, Britten, Falla
Jacqueline Du Pré: Her Early BBC Recordings, Volume 2 EMI 1989 Brahms, Couperin, Händel
Cello Concertos EMI Classics 1995 Dvořák, Elgar
Recital / Delius EMI Classics 1995 Delius
Don Quixote 1996 Strauss [5][6]
Cello Concertos EMI Classics 1998 Haydn, Boccherini
Jacqueline Du Pré: Her Early BBC Recordings 1961-1965 EMI 1999 Bach, Britten, Falla, Brahms, Couperin, Händel
Beethoven Piano Trios, Opp.1 & 97 "Archduke" EMI Classics 2001 Beethoven
The Genius of Jacqueline Du Pré HMV Classics 2001 Bach, Beethoven
Cello Concerto / Sea Pictures / Overture: Cockaigne EMI Classics 2004 Elgar
Dvořák, Ibert BBC 2004 Dvořák, Ibert
Elgar: Cello Concerto in E minor, Op.85, Bach: Cello Suites Nos.1 & 2 Testament Records 2005 Elgar, Bach
Elgar Cello Concerto Sony Classical 2006 Elgar

En DVD

  • Remembering Jacqueline du Pré (1994), dirixido por Christopher Nupen
  • Jacqueline du Pré in Portrait (2004), dirixido por Christopher Nupen
  • The Trout (documental de 1970 estreado en DVD en 2005), dirixido por Christopher Nupen
  • Jacqueline du Pré: A Celebration of Her Unique and Enduring Gift (2007), dirixido por Christopher Nupen
  • Hilary and Jackie (1998), filme dirixido por Anand Tucker

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Heartstrings Arquivado 13 de novembro de 2017 en Wayback Machine.. (Zukerman, Eugenia). Washington Post, 25 de abril de 1999. Consultado o 18 de outubro de 2011.
  2. Easton, Carol (2000). Jacqueline du Pré: A Biography. Cambridge: Da Capo Press. ISBN 0-306-80976-1. 
  3. McSmith, Andy (4 de abril de 2007). "Why do Stradivarius violins fetch so much, and are they worth it?". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2007. 
  4. Romantic Ideal
  5. Wilson, Elizabeth (1 January 1999). "Jacqueline Du Pré: Her Life, Her Music, Her Legend". Arcade Publishing – vía Google Books. 
  6. "More than one bravo for gifted late cellist Strauss: Du Pre's recording of 'Don Quixote' is a happy accident". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2018. Consultado o 25 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]