Iván García Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iván García Campos
Iván García Campos.jpg
Nacemento14 de xullo de 1974
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e fisioterapeuta
editar datos en Wikidata ]

Iván García Campos, nado na Coruña o 14 de xullo de 1974, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Deportes polo INEF e exerce como rehabilitador físico. En 2008 gañou o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro coa obra Unha casa chea de xanelas. A súa primeira novela, O imposible de desatar, gañou a XXVIII edición do Premio Blanco Amor en 2010[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O imposible de desatar, 2010, Galaxia. Traducida ao castelán en 2015.[2]
  • Cuestións vitais secretas. 2015, Galaxia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Nun edificio, 2002, Agrupación de Libreiros de Ourense e Casa da Xuventude de Ourense.
  • Cordura ou martelos e catro contos máis, 2004, Agrupación de Libreiros de Ourense e Casa da Xuventude de Ourense.
  • VIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole: catro relatos, 2006, Concello de Lugo.
  • Os Viadutos. VIII Certame literario de relatos cortos, 2007, Concello de Redondela.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo XXXII e XXXIII, 2008, Edicións do Castro.
  • Premios Pedrón de Ouro. Certame de narración breve Modesto R. Figueiredo XXXIV, 2009, Edicións do Castro.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Primeiro premio do II certame de Poesía Deportiva da Universidade da Coruña no 1999, por Natureza morta con puxilista en Elis.
  • Primeiro premio no I certame de Poesía SMS Xanela da Cultura da Fundación Observatorio Urbano do Eixo Atlántico no 2001, por O silencio.
  • Segundo premio no XXXIV certame de Contos Breogán da Casa de Galicia en Barakaldo no 2001, por A rúa é única.
  • Mención especial no V Certame de Poesía Francisco Añón no 2001, por A alma dos grilos.
  • Accésit no XIX certame do Premio Ourense de Contos para a mocidade no 2002, por Cloroformo en gotas.
  • Gañador do Premio Ourense de contos para a mocidade no 2004, por Cordura ou martelos.
  • Gañador do VIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole no 2005, por O legado turbulento dos xemelgos Salinas.
  • Accésit no XXXII Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo no 2006, por Crónica do Gran Número.
  • Accésit no XII certame literario Manuel-Oreste no 2006, por Crónica do Gran Número.
  • Primeiro premio do VIII certame Os Viadutos de Redondela no 2007, por O camiño das formigas.
  • Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo no 2008, por Unha casa chea de xanelas.
  • Premio Blanco Amor no 2010, por O imposible de desatar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Iván García Campos gaña o XVIII Blanco Amor de narrativa" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo na web de A Nosa Terra.
  2. "Imposible de desatar". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-06-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]