O imposible de desatar
O imposible de desatar | |
---|---|
Autor/a | Iván García Campos |
Cuberta | Miguel Vázquez |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Literaria nº 289 |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 28 de outubro de 2010 |
Formato | Rústica con lapelas |
Páxinas | 216 |
ISBN | 978-84-9865-313-7 |
O imposible de desatar é unha novela en lingua galega escrita por Iván García Campos e publicada por Editorial Galaxia en 2010. Nese mesmo ano gañou a XXVIII edición do Premio Blanco Amor de novela, outorgado nesa ocasión polo concello de Poio.
Trama[editar | editar a fonte]
O imposible de desatar conta a historia dunha familia, formada por unhas personaxes complexas, mais de proceder simple, que viven xuntas nunha soidade que non saben compartir, ficando á beira da despersonalización e da automatización. A casa, e mesmo o silencio, a radio ou a televisión, no remate, son tan protagonistas coma os propios habitantes[1]. A novela acontece xusto aos inicios da crise de 2008, cando só afectaba ao sistema financeiro estadounidense e aínda non provocara os diferentes derrumbes bursátiles a escala internacional que viñeron xusto despois. Na trama xógase con esa tensión entre o local e o global e tamén incide noutros temas esenciais como o binomio comunicación/incomunicación, a construción da identidade, a situación do mundo laboral ou o tránsito da familia tradicional aos novos tipos de familia.
Narración[editar | editar a fonte]
A novela móvese nas marxes da narratividade, dun relato que vai do marabilloso cotián á pura traxedia[2]. Á vez realista e alegórica. Os cambios de narrador (unhas veces omnisciente, outras con monólogos interiores dos personaxes co seu discurso en estilo indirecto libre, outras cunha obxectividade propia dunha cámara cinematográfica), de perspectiva e mesmo a estrutura do relato merecen tanta atención como os aspectos temáticos[3]. O rexistro lingüístico é aséptico e case nu de calquera enfeite estilístico. Con frases concisas e repetitivas, aínda que por veces o texto ilumínase con pequenas doses de retranca e finísimo humor e mesmo certos elementos paratextuais.
Traducións[editar | editar a fonte]
En 2015 a novela publicouse en castelán, na editorial Mar Maior, traducida por Carmen Torres París e María Dolores Torres París[4][5].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Imposible de desatar, seis letras. Recensión | LG3 | O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-11-21.
- ↑ "O lector é o protagonista da historia". [cando?].[Ligazón morta]
- ↑ Otero Varela, Inmaculada (2011). "Os nócegos da vida". Grial 49 (189): 84–85. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Imposible de desatar" (en castelán). Consultado o 2021-11-21.
- ↑ "Imposible de desatar: Iván García Campos". Libros Prohibidos (en castelán). 2016-04-08. Consultado o 2021-11-21.