Saltar ao contido

Interpol Remix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Interpol Remix
Interpol Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
6 de decembro de 2005 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03g1ngn Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Interpol Remix é un EP da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 22 de novembro do 2005 polo selo Matador Records. Consiste en catro temas do seu álbum Antics, cada un deles remesturado por un membro da banda: "NARC," "Length of Love," "Public Pervert" e "Not Even Jail" remesturados por Paul Banks, Sam Fogarino, Carlos Dengler e Daniel Kessler respectivamente.

Foi publicado nos Estados Unidos en dous formatos: un CD sinxelo cons catro temas (aparecido o o 22 de novembro do 2005) e un conxunto de catro discos de vinilo de 12" (o 6 de decembro) cunha canción cada un. As remesturas foron orixinalmente lanzadas como caras b do sinxelo británico da banda "C'mere" o 30 de marzo de 2006 en tres formatos distintos. Ata que eses temas foron publicados nun disco extra adxunto á reedición especial de Antics, o único xeito que tiveron os seareiros estadounidenses de escoitalo foi importando os sinxelos do Reino Unido ou descargándoos vía peer-to-peer.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "NARC (Paul Banks remix)" – 2:37
  2. "Not Even Jail (Daniel Kessler remix)" – 5:39
  3. "Fog vs. Mould for the Length of Love" – 7:46
  4. "Public Pervert (Carlos D remix)" – 8:08