Saltar ao contido

Paul Banks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Banks

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de maio de 1978 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Clacton-on-Sea, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
American School Foundation of Mexico City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, cantautor, disc-jóckey Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoIndie rock Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCapitol Records Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaHelena Christensen (2008–2015) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1923497 Musicbrainz: 71db5060-324e-4cc5-8ca6-0070220ae000 Songkick: 283731 Discogs: 415697 Allmusic: mn0000102774 Genius: Paul-banks Editar o valor en Wikidata

Paul Julian Banks, nado o 3 de maio de 1978 en Clacton-on-Sea, Essex, Inglaterra, é o cantante, letrista e guitarrista da banda de Nova York Interpol. Banks uniuse á banda en 1998 cando se atopou con Daniel Kessler, ao cal coñecera nun intercambio de estudos en París.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A familia de Paul deixou Inglaterra cando el tiña tres anos, mudándose a Míchigan, e despois a España. Seu pai foi trasladado a México polo que tivo que deixar o colexio en España e rematou a secundaria en México. Alí asistiu á American School Foundation, onde tivo un papel principal no musical South Pacific.

Asistiu á Universidade de Nova York onde estudou inglés e literatura comparativa, e despois de graduarse traballou en revistas como Gotham e Interview. Banks posteriormente conseguiu un traballo nunha cafetería para poder dedicarlle máis tempo á música.

Nos primeiros anos da súa carreira con Interpol, Banks soia tocar unha Gibson Les Paul negra. Porén na xira da primavera do 2007 polo Canadá, usou principalmente unha Fender Jaguar, así como unha Gibson Flying V e a súa Les Paul nalgúns poucos temas.