Saltar ao contido

Television

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Television (grupo musical)»)
Para o medio de comunicación véxase Televisión.
Television
 Instancia de
 Selo discográfico
Obra
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1973 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1973 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Premios
 Premios
Identificadores
VIAF154520341 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000107285780 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07c7l Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: nm2098433 Facebook: televisionband Twitter: Televisionband Spotify: 0S7Zur2g8YhqlzqtlYStli Apple Music: 14596532 Last fm: Television Musicbrainz: 490bde43-5edb-4a93-b3b3-7a0465fd8909 Songkick: 217377 Discogs: 254494 Allmusic: mn0000019701 Deezer: 8213 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Television é unha banda estadounidense formada en Nova York en 1973. A pesar de que a banda nunca tivo máis que un público de culto no seu país de orixe, acadaron un significante éxito comercial en Europa. Hoxe son amplamente recoñecidos como un dos fundadores, e unha das primeiras influencias do punk rock.

Television era parte da primeira escena underground de Nova York, contemporánea de bandas coma Patti Smith Group e os Ramones. A diferenza destes últimos centráronse nun rock 'n' roll minimalista, e a música de Television era máis técnica, definindo ben as dúas guitarras de Tom Verlaine e Richard Lloyd.

Formación

[editar | editar a fonte]

As raíces de Television poden remontarse á amizade entre Tom Verlaine e Richard Hell. O dúo coñeceuse no Sanford School en Hockessin, Delaware, de onde escaparon.[1] Os dous mudáronse a Nova York por separado a principios dos anos 70 aspirando a ser poetas.[2]

O seu primeiro grupo xuntos foi Neon Boys, formado por Verlaine na guitarra e nas voces, Hell no baixo e nas voces e Billy Ficca na batería.[3] A banda durou dende finais de 1972 ata o 11 de marzo de 1973. En 1980 publicouse un sinxelo en 7 polgadas cos temas "That's All I Know (Right Now)" e "Love Comes in Spurts".[4]

O 12 de marzo de 1973 o grupo reformouse, pasando a chamarse Television e recrutando a Richard Lloyd como segundo guitarrista. O seu primeiro concerto foi no Townhouse Theatre o 2 de marzo de 1974.[5] O seu representante, Terry Ork, persuadiu ao dono de CBGB Hilly Kristal para darlle á banda actuacións regulares no club,[6] onde construíu a súa primeira etapa. Tras realizar varios concertos no CBGB a principios de 1974,[7] tocaron no Max's Kansas City e noutros clubs, volvendo ao CBGB en xaneiro de 1975,[5] e establecendo un significativo seguimento de culto.

Marcha de Richard Hell e primeiro lanzamento

[editar | editar a fonte]

Inicialmente, as tarefas de composición repartíanse case a partes iguais entre Hell e Verlaine, colaborando Lloyd de cando en vez.[8] Porén, comezaron a aparecer friccións cando Verlaine, Lloyd, e Ficca volvéronse cada vez máis seguros e hábiles cos instrumentos e a composición, mentres que Hell permaneceu desafiante no seu enfoque sen adestrarse. Verlaine, sentindo que o comportamento frenético de Hell no escenario estaba eclipsando as súas cancións, díxolle "deixa de dar saltos" durante as cancións e negouse ocasionalmente a tocar temas de Hell, como "Blank Generation", nos directos. Este conflito, así como que un dos seus temas fose collido por Island Records, fixo que Hell deixase o grupo elevase algunhas das súas cancións con el.[9] Cofundou The Heartbreakers en 1975 cos antigos membros de New York Dolls Johnny Thunders e Jerry Nolan, formando posteriormente Richard Hell and the Voidoids.[10] Fred Smith, que tocou brevemente en Blondie, substituíu a Hell como baixista de Television.[11]

Television realizou a súa estrea en vinilo en 1975 con "Little Johnny Jewel" (Parts One and Two), un sinxelo de 7 polgadas lanzado a través do selo independente Ork Records, propiedade do seu representante, Terry Ork. Richard Lloyd aparentemente en desacordo coa selección desa canción, preferindo "O Mi Amore" para a súa estrea, ata o extremo de considerar seriemente deixar a banda.[12] Parece ser que o guitarrista de Pere Ubu Peter Laughner fixo unha audición para ocupar o seu posto nesa época.[13]

Marquee Moon, Adventure e separación

[editar | editar a fonte]

O primeiro álbum de Television, Marquee Moon, foi recibido positivamente polos críticos musicais e o público e entrou na lista Billboard 200. O disco tamén tivo boas vendas en Europa e acadou o top 30 en varios países. Tras o seu lanzamento en 1977, Roy Trakin escribiu en SoHo Weekly "esquece todo o que escoitache sobre Television, esquece o punk, esquece Nova York, esquece o CBGB ... diaños, esquece o rock and roll - este é o asunto real".[14] Dende entón os críticos situaron o álbum no número 83 na lista da canle VH1 dos 100 mellores álbums de rock and roll, e no número 128 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums da historia. Ocupou segundo posto na lista da revista Uncut dos 100 mellores álbums de estrea, e o número 3 da lista de Pitchfork Media dos mellores álbums dos 70. Stephen Thomas Erlewine de AllMusic escribiu que o álbum foi "revolucionario" e composto "completamente de rockeiros de garaxe tensos que se adentran nun territorio intelectual embriagador, lográndose a través das seccións instrumentais longas e entretecidas do grupo".[15]

O segundo álbum de Television, Adventure, foi gravado e publicado en 1978.[16][17] Mais suave e reflectivo que o seu disco de estrea, Adventure foi ben recibido pola crítica a pesar das súas modestas vendas.

As visións artísticas independentes e pouco flexibles dos seus membros, xunto co abuso de drogas de Richard Lloyd, fixeron que a banda se separase en xullo de 1978. Tanto Lloyd como Verlaine iniciaron carreiras en solitario, mentres que Ficca converteuse en batería da banda de new wave The Waitresses.[18]

Television reformouse en 1992, publicando un terceiro álbum, Television, e realizou concertos esporadicamente dende entón. Dende que regresaron ao escenario do festival All Tomorrow's Parties de 2001 en Camber Sands, Inglaterra, a banda realizou concertos por todo o mundo e continúa actuando de forma regular.

En 2007 Richard Lloyd anunciou que deixaría amigablemente o grupo tras un concerto en verán no Central Park de Nova York. Debido a unha pneumonía que o tivo no hospital máis tempo do agardado, non foi capaz de actuar en Central Park. Jimmy Rip substituíuno ese día e a banda pediulle se podía unirse como membro permanente. O 7 de xullo de 2011 a nova formación actuou no festival Beco 203 en São Paulo.[19] Nunha entrevista na MTV do Brasil a banda confirmou que estban a piques de rematar un novo álbum con dez temas novos, pero en 2023 ese traballo aínda non fora editado.[20] Na década de 2010 a banda continuou de xira interpretando Marquee Moon na súa totalidade; en particular, fixeron xiras europeas en 2014 e 2016. En Nova York, en outubro de 2015, a banda realizou un concerto de catro cancións que durou unha hora: Village Voice fixo unha crítica del dicindo que o punto álxido do concerto foi un novo tema, "Persia", cualificándoo de "unha exploración rítmica e palpitante que durou preto de 20 minutos, á que cada membro da banda contribuíu con igual forza".[21]

Verlaine morreu o 28 de xaneiro de 2023 aos 73 anos.[22] En 2025, o xornalista David Fricke informou de que os temas que compoñen o seu cuarto álbum inédito seguen inacabados, sen voz nin guitarra principal.[23]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Marquee Moon 1977 Elektra Records
Adventure 1978 Elektra Records
Television 1992 Capitol Records

Álbums en directo

[editar | editar a fonte]
  1. Waterman 2011, p. 18
  2. Waterman 2011, p. 25
  3. Wallace & Manitoba 2007, p. 254
  4. Waterman 2011, p. 103
  5. 5,0 5,1 "The Wonder - Tom Verlaine, Television and Stuff: Television Gigs - Gigography". www.thewonder.co.uk. Consultado o 2022-07-05. 
  6. "No Class interview - Hilly Kristal of CBGB's". www.noclass.co.uk. Consultado o 2022-07-05. 
  7. Waterman 2011, p. 63
  8. Thompson 2000, p. 683
  9. Waterman 2011, pp. 95-101
  10. Wallace & Manitoba 2007, p. 55
  11. Waterman 2011, pp. 108-109
  12. Waterman 2011, p. 13
  13. Waterman 2011, p. 17
  14. Trakin 1977
  15. "Television - Marquee Moon". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-07-05. 
  16. Waterman 2011, p. x
  17. Emerson 1978
  18. "The Waitresses Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-07-06. 
  19. "Television Setlist at Beco 203, São Paulo". setlist.fm (en inglés). Consultado o 2022-07-11. 
  20. "Big Audio # 83 - Especial dia mundial do Rock com Television". MTV Brasil (en inglés). Consultado o 2025-11-08. 
  21. "Television Thrill Brooklyn’s House of Vans With 20-Minute Soundscape". Consultado o 2025-11-08. 
  22. "Tom Verlaine, Influential Guitarist and Songwriter, Dies at 73 (Published 2023)" (en inglés). 2023-01-28. Consultado o 2025-11-08. 
  23. "Television’s Unreleased Fourth Album Unveiled!". Mojo (en inglés). 2025-02-27. Consultado o 2025-11-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]