Sam Fogarino
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Samuel J. Fogarino | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de agosto de 1968 (52 anos) |
Orixe | Filadelfia, Pensilvania ![]() |
Ocupación | Batería |
Instrumento(s) | Batería |
Selo(s) discográfico(s) | Capitol EMI |
Relacionado con | Interpol, Magnetic Morning |
Tempo en activo | 2000-presente |
Na rede | |
www.interpolnyc.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Samuel Joseph Fogarino, nado en Filadelfia, Pensilvania o 9 de agosto de 1968, é o batería da banda de Nova York Interpol. Comezou a tocar a batería aos 13 anos. Coñeceu ao guitarrista Daniel Kessler en 1997 cando estaba mercando un disco nunha tenda de roupa en Brooklyn. Con máis de dez anos de experiencia, uníuse a Interpol no ano 2000 despois de que o batería orixinal, Greg Drudy deixase a banda. Fogarino fixo o seu primeiro concerto co grupo o 20 de maio dese ano.
A comezos do 2007, Fogarino xuntouse co excantante de Swervedriver Adam Franklin para crear unha banda chamada The Setting Suns. Dende aquela, o dúo cambiou o seu nome para Magnetic Morning e lanzaron un EP de seis cancións de iTunes.