David Pajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Pajo
David Pajo at Pitchfork Music Festival.jpg
Nome completoDavid Christian Pajo
Data nacemento25 de xuño de 1968 (54 anos)
Nado enTexas
Ocupaciónmúsico e guitarrista
Instrumento(s)guitarra, baixo
Relacionado conSlint, Tortoise, Will Oldham, The For Carnation, Stereolab, Royal Trux, King Kong, Zwan, Dead Child, Yeah Yeah Yeahs, Bush League, Interpol
PseudónimoAerial M. e Papa M.
Na rede
davidpajo.com
Facebook: davidpajo Twitter: davidpajo MySpace: davidpajo Last fm: Papa+M Musicbrainz: 6edbe0fb-734e-4b1d-9c64-73ebb04853e1 Songkick: 306137 Discogs: 30391 Allmusic: mn0000009389 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

David Pajo, nado o 25 de xuño de 1968 en Texas,[1] é un músico estadounidense de rock alternativo. Pajo tocou unha ampla variedade de música, principalmente de xéneros como hardcore punk, math rock, post-rock, electrónica, folk rock e indie pop. Aínda que é multiinstrumentista (toca a guitarra, o baixo, o banjo e a batería), é coñecido principalmente polo seu traballo como guitarrista.

Ao longo da súa carreira usou os pseudónimos de Aerial M, M, e, sobre todo, Papa M. Pajo foi un dos fundadores da banda de post-rock Slint, e colaborou cun grande número de proxectos musicais como Zwan, Tortoise ou The For Carnation, entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "David Pajo music, videos, stats, and photos". Last.fm (en inglés). Consultado o 2019-12-18.