Saltar ao contido

Inter Fútbol Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Inter Movistar»)
Inter Movistar
NomeInter Fútbol Sala
Alcume(s)La máquina verde
Fundación1977
EstadioPavillón Cajamadrid
Alcalá de Henares, España España
Capacidade4.500
Presidenteespañol Pascual Saorín
Adestradorespañol David Marín Ortega
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2009-10
VestimentaHummel
PatrocinadorMovistar
Na rede
http://www.interviufs.com
Titular
Alternativo

O Inter Fútbol Sala ou Inter Movistar por motivos de patrocinio, é un equipo español de fútbol sala da cidade de Alcalá de Henares (Madrid).[1] Actualmente compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala.

O club foi fundado en 1977 polo xornalista deportivo José María García co obxectivo de xogar partidos benéficos e de exhibición. No entanto, na década dos '80 converteuse nun club profesional baixo a denominación Interviú Fútbol Sala. En 1989 foi un dos membros fundadores da LNFS. O Inter FS ten gañado oito campionatos de liga, sendo o club que máis veces o logrou, e é un dos clubs máis laureados do fútbol sala mundial.

Creación do club

[editar | editar a fonte]

O equipo naceu en 1977 grazas a unha iniciativa do xornalista radiofónico José María García. Nun principio chamouse Hora XXV, como o programa informativo nocturno da Cadena SER, e creouse para xogar partidos benéficos e de exhibición. O equipo estaba formado por antigos xogadores de fútbol como Amancio ou López Ufarte, e xornalistas, entre os que se encontraba o propio García.

En 1979 a Federación Española de Fútbol organizou o primeiro campionato oficial de fútbol sala, participando na tempada inicial como Interviú Hora XXV. O club proclamouse campión no seu debut. En 1981 El Corte Inglés selou un acordo de patrocinio, polo que o equipo trocou o seu nome por Interviú Lloyd's, e posteriormente por Interviú Boomerang. Na década dos '80 gañou oito ligas. Durante toda a súa historia, o club xogou en Madrid, Alcobendas e Torrejón de Ardoz, ata asentarse definitivamente en Alcalá de Henares.

Paso á Liga Nacional de Fútbol Sala

[editar | editar a fonte]

En 1989 a Federación Española de Fútbol e a Asociación de Fútbol Sala unificaron os seus campionatos, creando así a Liga Nacional de Fútbol Sala. O Interviú foi un dos seus membros fundadores, e na tempada inaugural os madrileños conseguiron a Liga e a Copa de España. Dous anos despois proclamouse campión de Europa por primeira vez na súa historia. Nos seguintes anos, o club mantivo un bo nivel, mais a dura competencia non lles permitiu conseguir a liga de novo ata 1996.

Desde o 2002 ata o 2005 conseguiu catro títulos de liga consecutivos, e converteuse nun dos dominadores do campionato nacional. Ademais gañou tres veces consecutivas a Copa Intercontinental e foi o primeiro equipo que obtivo tódolos títulos oficiais existentes neste deporte a nivel europeo. En recoñecemento, o Goberno de España outorgoulle á institución a Real Orden del Mérito Deportivo en 2006.

A última liga conseguida polo equipo foi na tempada 2007-08 como Interviú Fadesa. Dende aquela, o club quedou ás portas del campionato doméstico en dúas ocasións máis. Cando a construtora Fadesa quebrou, o equipo asinou un acordo de patrocinio co operador móbil Movistar. Tras estar varios anos desvinculado do Grupo Zeta e Interviú, a institución cambiou o seu nome por Inter Fútbol Sala en outubro do 2010.[2]

Formación 2010-11

[editar | editar a fonte]
Posto País Xogador
1 Porteiro España Luis Amado
2 Pivote Marquinho
3 Peche Ciço
6 Á Gabriel
8 Peche Schumacher
10 Á España Borja
Posto País Xogador
12 Pivote España Betao
14 Pivote Eka
15 Á España Hugo
16 Porteiro España Juanjo
19 Á España Juanra
23 Peche España Ortiz

Patrocinadores

[editar | editar a fonte]

Oficialmente chamado Inter Fútbol Sala, o equipo adaptou o seu nome en función do seu patrocinador. A revista informativa Interviú foi un dos sponsors oficiais nos seus primeiros anos de existencia, e aínda que xa non o patrocina, o seu nome continúa ligado ao club. Dende o 2008 emprégase a abreviación Inter, que significa tamén internacional.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Internacional

[editar | editar a fonte]

Torneos de verán

[editar | editar a fonte]
  1. Sitio web oficial do InterMovistar. Información general Arquivado 06 de setembro de 2017 en Wayback Machine..
  2. Doble Penalti El Inter ya no es Interviú Arquivado 27 de outubro de 2010 en Wayback Machine..
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "El Inter Movistar conquista tres galardones para su curriculum de pretemporada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]