Instrumento de medida
Un instrumento de medida[1] é un aparello que se usa para comparar magnitudes físicas mediante un proceso de medición. Como unidades de medida utilízanse obxectos e sucesos previamente estabelecidos como estándares ou patróns, e da medición resulta un número que é a relación entre o obxecto de estudo e a unidade de referencia. Os instrumentos de medida son o medio polo que se fai esta lóxica conversión.[2]
Características principais
[editar | editar a fonte]As características máis importantes dun instrumento de medida son:
- Precisión[3]: é a capacidade dun instrumento de dar o mesmo resultado en medicións diferentes realizadas nas mesmas condicións
- Exactitude[4]: é a capacidade dun instrumento de medir un valor próximo ao valor da magnitude real
- Apreciación[5]: é a medida máis pequena perceptible nun instrumento de medida
- Sensibilidade[6]: é a relación de desprazamento entre o indicador da medida e a medida real.
Tipos
[editar | editar a fonte]Utilízanse unha gran variedade de instrumentos para levar a cabo medicións das diferentes magnitudes físicas que existen. Desde obxectos sinxelos como regras e cronómetros até os microscopios electrónicos e aceleradores de partículas.[7]
Deseguido indícanse algúns instrumentos de medición existentes en función da magnitude que miden:
Para medir masa: Para medir tempo: Para medir lonxitude: Para medir ángulos: Para medir temperatura: |
Para medir presión: Para medir velocidade:
Para medir propiedades eléctricas:
Para medir volumes: |
Para medir peso: Para medir outras magnitudes:
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Instrumento.
- ↑ Tremblay, Marc-Adélard (1968). "Initiation à la recherche dans les sciences humaines" (PDF) (en francés). p. 360. Consultado o 18 de febreiro de 2017..
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Precisión.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Exactitude.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Apreciación.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Sensibilidade.
- ↑ Jean, Cardinet (c1988). De Boeck Université, ed. Évaluation scolaire et mesure. ISBN 2-8041-0916-X..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instrumento de medida |