Independentes Terras do Asma
Independentes Terras do Asma (INTA) é un partido político fundado en Chantada no 2011 por Manuel Lorenzo Varela Rodríguez. O seu nome procede do río Asma.
Historia do Partido[editar | editar a fonte]
Anteriormente Manuel Lorenzo Varela Rodríguez foi militante do PPdG e alcalde no período de 1995 a 2007. Nas eleccións ao congreso local do PP de Chantada (novembro de 2008) foi derrotado por Susana López Abella. E en outubro formalizou o abandono do grupo municipal. O venres día 4 de marzo do 2011 ás 20:00h presentouse esta nova agrupación política no Restaurante Mogay acudindo mais de 250 persoas.
Nas eleccións municipais de 2011 foi a lista máis votada acadando a cinco dos trece concelleiros e é investido alcalde.
INTA consegue a maioría de concelleiros na corporación chantadina (sete dos trece) nas comicios de 2015.
Para as eleccións locais de 2015 tamén se presenta o partido a alcaldía de Monterroso co candidato Jesús Otero.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Os independentes de Monterroso e Chantada, a pola Deputación" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia.