Susana López Abella
Susana López Abella | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de maio de 1967 |
Lugar de nacemento | Taboada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Susana López Abella, nada en Taboada o 14 de maio de 1967, é unha xornalista e política galega do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cursou estudos de Dereito e Ciencias Empresariais na UNED. Foi delegada e locutora de Radio Faro de Chantada (1990-1999). Foi concelleira de Cultura e tenente de alcalde de Chantada (1999-2003). Foi elixida parlamentaria pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 2001. Desde outubro de 2008 é presidenta do Partido Popular de Chantada[1]. Foi Secretaria Xeral de Familia e Benestar e desde decembro de 2012 Secretaría Xeral da Igualdade.