Jesús Otero Calvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús Otero Calvo
Nacemento20 de agosto de 1950
Lugar de nacementoMonterroso
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Jesús Otero Calvo, nado en Podente (Monterroso) o 20 de agosto de 1950, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia. Foi profesor de secundaria en Sarria, Mondoñedo, Monterroso e Lugo, e director dos institutos San Rosendo de Mondoñedo, de Monterroso e do IES Leiras Pulpeiro de Lugo. Militante do PSdeG-PSOE, foi Subdelegado do Goberno en Lugo de xullo de 2004 a 2009. En marzo de 2009 dimitiu pola trama das multas na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo[1]. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura INTA (Independentes Terras do Asma) en Monterroso formada con outras dez persoas que integraran antes candidaturas do PSOE e do BNG[2] e foi elixido alcalde ao obter a maioría absoluta. Foi condenado pola Audiencia de Lugo por tráfico de influencias en xullo de 2015[3] e en outubro de 2016 asina o seu cesamento como alcalde[4]..

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Antonio Gato Soengas
 
Alcalde de Monterroso
 
2015 - 2016
Sucesor:
Miguel Rico Gómez