José Jesús Ramos Ledo
José Jesús Ramos Ledo | |
---|---|
Nacemento | 1944 |
Taboada | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Jesús Ramos Ledo, nado en Taboada en 1944, é un mestre e político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre, foi director do CPI de Taboada durante 32 anos. En 1983 presentou ás eleccións municipais en Taboada encabezando a lista de Coalición Galega, que foi a máis votada conseguindo seis concelleiros, pero unha coalición entre Alianza Popular e o PSOE facilitou a alcaldía para Alianza Popular. En 1987 presentouse por Alianza Popular, obtendo oito concelleiros, a maioría absoluta e a alcaldía. Repetiu a maioría absoluta nas sucesivas eleccións presentándose polo PPdeG. Foi deputado provincial encargado de Educación e Deporte durante máis de oito anos. En xullo de 2009 renunciou á alcaldía para ser Xefe territorial da Consellería de Educación na provincia de Lugo.
Predecesor: Antonio García Fontao |
![]() Alcalde de Taboada 1987 - 2009 |
Sucesor: Ramiro Moure Ansoar |