Illa Santa Bárbara, Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa Santa Bárbara
Ilha de Santa Bárbara (en portugués)
Ilha de Santa Bárbara, área militar.jpg
Area militar da Illa Santa Bárbara.
Destaca o faro do arquipélago dos Abrolhos
Situación
PaísFlag of Brazil.svg Brasil
Bandeira da Bahia.svg Baia
ArquipélagoAbrolhos
MarOcéano Atlántico
Coordenadas18°02′0″S 38°40′00″O / -18.03333, -38.66667Coordenadas: 18°02′0″S 38°40′00″O / -18.03333, -38.66667
Xeografía
Longura máxima1,5 km
Largura máxima0,3 km
Punto máis alto35 msnm
Distancia a terra65 km
Demografía
PoboaciónUnicamente conta cun destacamento militar da Mariña

A illa Santa Bárbara é unha pequena illa con arrecifes coralinos situada no océano Atlántico, preto da costa do Brasil, sendo a maior do arquipélago dos Abrolhos, que administrativamente forma parte do estado de Baía.

Características político-xeográficas[editar | editar a fonte]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Con unha lonxitude de 1,5 km e un largo de 0,3 km, é a maior illa do arquipélago dos Abrolhos, seno a súa altitude máxima de 35 msnm. Dista 65 km da costa do estado de Baía, do que administrativamente forma parte. É a única habitada, xa que posúe infraestruturas pertencentés á Mariña do Brasil. O arquipélago constitúe o Parque Nacional Mariño dos Abrolhos (aínda qu a zona militrar está excluída nos limites do Parque).[1]

Construcións e equipamento[editar | editar a fonte]

Na illa foi constrída unha capela erguida en homenaxe a Santa Bárbara, santa padroa dos navegantes, e tamén conta cunha pequena sala de aulas que serve aos nenos, fillos dos militares que alí viven coa súa família. Existen así mesmo outras construcións, como un pequeno porto para barcos, un heliporto e un vistoso faro, de fabricación francesa, encravado no punto máis alto da illa, e que foi inaugurado en 1861 durante o reinado de Pedro II.[2]

Como a introdución de animais e vexetais non está permitida, por mor do Parque Nacional, practicamente todos os alimentos consumidos é levado desde o continente, tamén tendo en conta que a pesca tampouco está permitida nos límites do Parque.

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Fauna[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional é de enorme importancia no ecosistema brasileiro, xa que alberga a maior biodiversidade mariña de todo o Atlántico Sur, pois as formacións coralinas acollen unha gran diversidade de fauna mariña e, en terra, hai numerosas aves nidificantes nas formacións rochosas, principalmente os mascatos; outros tipos de aves circundantes pola zona son especies de carráns, proceláridos, fragatas e outras da orde dos faetóntidos.

Así mesmo, en canto a fauna mariña, conta con numrosas especies de peixes, moluscos, corais, esponxas e tartarugas mariñas.

Entre os mamíferos mariños destaca a balea xibardo (Megaptera novaeangliae). O arquipélago dos Abrolhos é a máis importante área de reprodución desta especie no Atlántico suroccidental. Todos os anos, entre os meses de xullo a novembro, o xibardos teñen nesta rexión o seu refuxio de reprodución e aleitamento das crías. [1]

Flora[editar | editar a fonte]

A illa é rica en especies de plantas suculentas, gramíneas, arbustos e cactos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Parque Nacional Marinho dos Abrolhos. Ministério do Meio Ambiente. Cadastro Nacional de Unidades de Conservação. (en portugués). Consultado o 14 de febreiro de 2020.
  2. "Ilha Santa Bárbara". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  3. "ICMBio - Parque Nacional Marinho dos Abrolhos - Parna Abrolhos". www.icmbio.gov.br. Consultado o 14 de febreiro de 2020.