Parque Nacional Mariño dos Abrolhos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 17°49′S 38°49′O / -17.817, -38.817

Xibardo no P. N. dos Abrolhos

O Parque Nacional Mariño dos Abrolhos é un parque nacional do Brasil que está localizado no sur do litoral do estado de Baía, no arquipélago dos Abrolhos.

Características[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro parque do Brasil que recibiu o título de "Parque Nacional Mariño", polo decreto n° 88.218, de 6 de abril de 1983. Está administrado polo Instituto Chico Mendes de Conservação da Biodiversidade (ICMBio). O parque é de extraordinaria importancia para o ecosistema brasileiro, xá que abriga a maior biodiversidade mariña de todo o océano Atlántico sur.[1]

Nesta rexión sucede a famosa temporada das baleas xibado, que escollen as augas quentes do mar baiano para a súa reprodución e aleitamento das crías, e propician a práctica do whale watching ou turismo de observación de baleas, sendo un dps máis importantes destinos turísticos deste tipo no mundo.[2] Considérase o lugar reprodutivo máis grande desta especie en todo o Atlántico suroccidental.[3]

Por outra parte, un pequeno número de baleas francas austrais tamén comezaron a volver a Abrolhos despois de moitos anos de perigo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Parque Nacional Marinho dos Abrolhos". Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  2. Observação de baleias pelo mundo Consultado o 15 de febriro de 2020.
  3. Ministério do Turismo (2 de outubro de 2014). "Baleias à vista!". Consultado o 15 de frebreiro de 2020. 
  4. Baleia-franca é reavistada em Abrolhos com filhote de pigmentação rara en Instituto Baleia Jubarte. Consultada o 15 de febreiro de 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]