Fragatas
| Fragatas | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Fregata Bernard-Germain de Lacépède 1799 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Subdivisións
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||
| Clase | Aves | ||||||||||
| Orde | Suliformes | ||||||||||
| Familia | Fregatidae | ||||||||||
| Xénero | Fregata | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
Existen 5 especies de fragatas[1] ou rabiforcados[2]. Estas aves, que están emparentadas entre si, pertencen ao xénero Fregata, o único da familia dos fregátidos (Fregatidae), que xunto con outras familias de aves mariñas coma os pelicanos, rabodepallas, corvos mariños e mascatos, constitúen tradicionalmente a orde Pelecaniformes.
Todas son de gran tamaño, adoitan ter unha envergadura de ás de máis de 1,80 m, aínda que o seu esqueleto pode pesar escasamente 114 g. Poden ser de cores negro ou negro e branco.
Esta rechamante combinación de tamaño e lixeireza permítelles planear sen esforzo sobre o mar, onde asexan atentamente a outros paxaros. Se unha fragata ve a outro paxaro, capturando un peixe, lánzase a acosalo até obrigalo a guindar a súa presa, e habilmente atrapa o peixe antes de que caia á auga. As fragatas aniñan en árbores e matogueiras, e os machos atraen ás femias inflando unha bolsa que teñen na gorxas, semellante a un globo vermello. Case nunca se pousan na auga.
Atópase en zonas tropicais orientais dos océanos Pacífico e Atlántico.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fragata en voo
-
No niño
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario Digalego fragata Arquivado 18 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa (A Coruña) 1: 122. Consultado o 16 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Fragatas |
- Vídeos de fregatas Arquivado 10 de xullo de 2016 en Wayback Machine. en Internet Bird Collection