A obra orixinal ten sido comparada coa ópera de Bellini e se destacou a influencia de Il Pirata en Lucia di Lammermoor de Gaetano Donizetti.[1] Tamén se analizou a forma en que Bellini reciclou música propia nesta ópera, así como o seu emprego dun "estilo compositivo máis conscientemente innovador" e a súa maior participación na elaboración do libreto, en comparación con esforzos precedentes onde mostraba unha maior deferencia cara aos libretistas elixidos polo empresario da ópera napolitana e os correspondentes textos.[2] Ademais, un comentario do século XIX observou a influencia musical de Il Pirata na ópera temperá de Richard WagnerDas Liebesverbot[3]
Esta ópera, dunha considerable dificultade e moi poucas veces programada antes do renacemento belcantista da segunda metade do século XX, tense difundido gradualmente a través de gravacións realizadas por grandes divas. A recuperación de Il pirata débese á gravación que realizou Maria Callas en 1959, que aínda que severamente curtada, deu a coñecer a primeira ópera adulta de Bellini con tódalas súas belezas. Callas fixo un esforzo para dar dignidade a unha gravación cun equipo vogal moi frouxo e un director que impulsaba á orquestra de xeito verdiano. Porén, na súa interpretación consérvase todo o que se puido salvar deste naufraxio, sobre todo a famosa aria Col sorriso d'innocenza, da cal existen outras gravacións da diva italiana.[4]
Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de Operabase [5] aparece con só 5 representacións para o período 2005-2010.
↑Stephen A. Willier, "Madness, the Gothic, and Bellini's Il pirata". The Opera Quarterly, 6, 7-23 (1989).
↑Mary Ann Smart, "In Praise of Convention: Formula and Experiment in Bellini's Self-Borrowings", Journal of the American Musicological Society, 53(1), pp. 25-68 (Primavera, 2000).
↑"Wagner on Bellini", The Musical Times and Singing Class Circular, 27(516), pp. 66-68 (1886).