Il Pigmalione
Il Pigmalione Pigmalión | |
---|---|
Pigmalión e Galatea, de Jean-Léon Gérôme (1890) | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 1 acto |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Simeone Antonio Sografi |
Fontes literarias | As metamorfoses de Ovidio |
Estrea | 13 de outubro de 1960 |
Teatro da estrea | Teatro Donizetti |
Lugar da estrea | Bérgamo |
Duración | 30 minutos |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Localización da partitura | Bibliothèque nationale de France, París |
Personaxes | |
Il Pigmalione (en galego Pigmalión) é unha ópera nun acto con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Antonio Simeone Sografi,[1] baseado nas Metamorfose de Ovidio. A pesar de ser a primeira ópera composta por Donizetti en 1816, pénsase que non foi estreada ata o ano 1960, cando se interpretou no Teatro Donizetti da cidade de Bérgamo (Italia) durante o XVII Festival delle novità.
As primeiras liñas da ópera comezan coas seguintes palabras de Pigmalione:
- Anche spirto né vita più darvi non poss'io
- dove sei genio mio
- che mai sei divenuto misero mio talento!
Historia
[editar | editar a fonte]Esta popular historia xa fóra adaptada para unha obra de teatro musical de Jean-Jacques Rousseau en Lión en 1770. Donizetti tomou o libreto de Sografi, que fora escrito inicialmente para unha ópera de Giovanni Batiste Cimador (Pimmaglione, Venecia, 1790) e empregado nunha ópera de Bonifacio Asioli (1796), que estaba, xunto coa obra de Rousseau, na Biblioteca do Liceo de Boloña.[2]
Trátase da primeira ópera do xove Donizetti, composta cando tiña 19 anos e estudaba composición en Boloña con Stanislao Mattei. A partitura autógrafa sinala como datas extremas de inicio e fin do traballo o 15 de setembro e o 1 de outubro de 1816:[3] é posible polo tanto que a ocasión fora a visita en setembro do primeiro mestre do xove, Johann Simon Mayr.[4]
A ópera non foi posta en escena mentres o compositor estaba vivo: a primeira representación tivo lugar o 13 de outubro de 1960 no XVII Festival delle novità no Teatro Donizetti da cidade natal do compositor, Bérgamo (Italia).[5] Esta representación foi dirixida por Armando Gatto, con Doro Antonioli no papel de Pigmalione e a soprano Oriana Santunione no papel de Galatea.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 13 de outubro de 1960 (Director: Armando Gatto) |
---|---|---|
Pigmalión, o Rei de Creta | tenor | Doro Antonioli |
Galatea | soprano | Oriana Santunione |
Argumento
[editar | editar a fonte]A historia transcorre en Chipre e está baseada na famosa historia do rei e escultor Pigmalión, orixinalmente tomada do décimo libro das As metamorfoses de Ovidio. Pigmalione, consternado por non poder atopar na vida real o ideal de beleza feminina, crea unha escultura de si mesmo. Logo de terse namorado da súa propia creación, Pigmalione entoa unha oración para animar a escultura (bautizada como Galatea), e é respostada por Venus.
Análise
[editar | editar a fonte]Il Pigmalione é un modesto traballo de estudante, dunha breve duración e con tan só dúas personaxes; non obstante a soprano non intervén no final da ópera, o que provoca que "a trama careza de tensión dramática".[6]
Os dous papeis, escritos en tesituras limitadas, están discrétamente ornamentados. A partitura está pensada para pequena orquestra. Un feito único respecto das obras de Donizetti é que a partición non se divide en números, o que fai pensar que se trataba dun traballo de estudante, non destinado a ser representado.[6]
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Donizetti está pensada para unha pequena orquestra formada por:
Gravacións
[editar | editar a fonte]Ano | Elenco (Pigmalione, Galatea) |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo[7] |
---|---|---|---|
1990 | Paolo Pellegrini Susanna Rigacci |
Fabio Maestri, Canto Association Chamber Orchestra (CDs inclúen gravacións da ópera de Donizetti Rita, Olimpiade de Metastasio (1817), e La bella prigioniera) Live recording, September) |
CD de son: Bongiovanni Cat: GB 2109/10-2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ashbrook, p. 597 note 30
- ↑ Ahbrook, p. 533 e www.italianopera.org Arquivado 21 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ cité par Ashbrook, p. 13
- ↑ hipótese formulada por Ashbrook, p. 283
- ↑ Osborne, p. 139
- ↑ 6,0 6,1 Ashbrook, p. 283
- ↑ Recordings on operadis-opera-discography.org.uk
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
- Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3
- Weinstock, Herbert, Donizetti and the World of Opera in Italy, Paris, and Vienna in the First Half of the Nineteenth Century, Nova York: Pantheon Books, 1963. ISBN 63-13703
- Ashbrook, William, Donizetti and His Operas, Cambridge University Press, 1982, ISBN 0-521-23526-X ISBN 0-521-23526-X