Maria di Rohan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maria di Rohan
María de Rohan
Marie de Rohan-Montbazon, figura histórica na que se basea a ópera.
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaSalvatore Cammarano
Fontes literariasUn duel sous le cardinal de Richelieu de Lockroy e Edmond Badon
Estrea5 de xuño de 1843
Teatro da estreaKärntnertortheater
Lugar da estreaViena
Música
CompositorGaetano Donizetti
Personaxes

Maria di Rohan (soprano)
Riccardo (tenor)
Enrico (barítono)
Armando di Gondì (tenor)
Vizconde de Suze (baixo)
de Fiesque (baixo)
Aubry (tenor)
Un familiar de Chevreuse (baixo)

Maria di Rohan (en galego María de Rohan) é unha ópera tráxica en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado en Un duel sous le cardinal de Richelieu de Lockroy e Edmond Badon. A súa estrea tivo lugar no Kärntnertortheater de Viena o 5 de xuño de 1843.

Esta ópera é moi pouco representada na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con unicamente 3 representacións no período 2005-2010.[1]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 5 de xuño de 1843
Maria, condesa de Rohan soprano Eugenia Tadolini
Riccardo, conde de Chalais tenor Carlo Guasco
Enrico, duque de Chevreuse barítono Giorgio Ronconi
Armando di Gondì tenor (daquela contralto) Michele Novaro
O vizconde de Suze baixo Friedrich Becher
de Fiesque baixo Gustav Hölzel
Aubry (secretario de Chalais) tenor Anton Müller
Un familiar de Chevreuse baixo
Cabaleiros, o gabinete do Rei, paxes, gardas e criados domésticos de Chevreuse

Argumento[editar | editar a fonte]

Maria, casada co Duque de Chevreuse (encarcerado por matar o sobriño do Cardenal Richelieu nun duelo), pide axuda ao seu antigo amante e Conde de Calais, Riccardo. Maria é insultada e Riccardo sae na súa defensa, retando a un duelo ao ofensor. Chevreuse sae en liberdade e xúralle lealdade. Maria tenta inutilmente impedir o duelo e confesa o seu amor por Riccardo, quen lle escribe unha carta de despedida que debería serlle entregada a Maria no caso de morrer. Chevreuse loita no seu lugar no duelo e resulta ferido levemente, mais, mentres tanto os homes do Cardenal entran no cuarto de Riccardo e levan varios documentos. Chervreuse amósalle un pasadizo secreto a Riccardo polo cal poder escapar e este pídell a Maria que o siga. Riccardo regresa para levar a Maria con el, mais Chevreuse atopa a súa carta, admitindo Maria a súa culpa. Chevreuse reta a un duelo a Riccardo, que se suicida.

Momentos destacados[editar | editar a fonte]

Maria ten unha conmovedora escena de entrada no primeiro acto con Culpa, fatal mestizia. No terceiro acto hai unha fermosa escena de Chevreuse con Bella e di sol vestita. Mentres que Riccardo ten o seu momento de lucimento no segundo acto coa aria Alma soave e cara, na que pensa no duelo co home que insultou a Maria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]