Ibn Said al-Maghribi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1213 (Gregoriano) Alcalá la Real, España |
Morte | 1286 (Gregoriano) (72/73 anos) Tunes, Tunisia |
Xuíz | |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:1) |
Alī ibn Mūsà ibn Sa'īd al-Magribī (en árabe: علي بن موسى بن سعيد المغربي),[1] nado en Alcalá la Real[2][3][4] en 1213 en finado en Tunes ou Alepo en 1275 ou 1286, foi un historiador, xeógrafo e compilador de poesía que viviu en al-Ándalus. Sufriu o exilio andalusí, polo que creceu en Marrakech, aínda que estudou en Sevilla. Ao longo da súa vida residiu ademais en Tunes, Alexandría, O Cairo, Xerusalén e Alepo, entre outras cidades.
É autor de dúas célebres antoloxías biográficas de poetas de al-Ándalus e o Magreb Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib (O extraordinario sobre as xoias de Occidente) e Kitāb rāyāt al-mubarrizīn wa-gāyāt al-mumayyizīn (Libro das bandeiras dos campións).[5] Este libro evidencia o importante que era a poesía amorosa na educación andalusí, e recolle un dos poucos restos históricos de amor entre homes da época. Este tipo de poesía tivo unha grande influencia nas ideas da cabalería da Europa medieval, aínda que a cabalería europea estaba estritamente limitada no amor entre homes e mulleres.
En 1250 publicou Kitāb al-Jugrāfīyā (Libro da Xeografía) no que integra as experiencias das súas viaxes por todo o mundo islámico e as costas do océano Índico. Ibn Sa'īd tamén visitou Armenia e estivo na corte de Hulagu entre 1256 e 1265.
Obras
[editar | editar a fonte]- Kitāb rāyāt al-mubarrizīn wa-gāyāt al-mumayyizīn, 'O libro das bandeiras dos campións'. (1242)
- Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib, 'O extraordinario sobre as xoias de Occidente'. (arredor de 1240)
- Kitāb al-Jugrāfīyā, 'Libro da Xeografía'. (1250)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernandes, Maria Alice; Abdallah Khawli e Luís Fraga da Silva (2006). Associação Campo Arqueológico de Tavira, ed. A viagem de Ibn Ammâr de São Brás a Silves (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de novembro de 2008. Consultado o 14 de abril de 2012.
- ↑ Biografía de Ibn Said al-Maghribi, en Poetas Andaluces Arquivado 21 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Biografía de Ibn Said al-Maghribi (en inglés)
- ↑ Fundación El Legado Andalusí, ed. (1999). Itinerario cultural de Almorávides y Almohades: Magreb y Península Ibérica. Associação Campo Arqueológico de Tavira.
- ↑ Fordham University Center for Medieval Studies (ed.). "Ibn Said: Book of the Maghrib, 13th Century [Ibn Said: Libro del Magreb, siglo XIII]". Internet Medieval Source Book (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10-10-2007. Consultado o 16-12-2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cano Ávila, P.; A. Tawfiq; M. Comés (2007). "[1067] Ibn Sa‘īd al-‘Ansī, Abū l-Ḥasan". En Jorge Lirola Delgado. Biblioteca de al-Andalus 5 BA. Fundación Ibn Tufayl. pp. 137–66. ISBN 978-84-934026-5-5.
- Crompton, Louis (2003). Homosexuality and Civilization. ISBN 978-0-674-01197-7.
- García Gómez, Emilio (1978). Seix Barral, ed. El libro de las Banderas de los Campeones de Ibn Saᶜīd al- Magribī. Antología de poemas arábigoandaluces, editada por primeira vez e traducida con introdución, notas e índice (2ª ed.). ISBN 13: 9788432238406.
- Kropp, M. (1980). Islam (Der), ed. Ali Ibn Musa Ibn Said al-Magribi und sein Werk al-Gusun al-yaniafi mahasin su ara al-miça as-sabia 57. pp. 68–96.