Saltar ao contido

Iago Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIago Suárez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Carballedo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, tradutor, cantante Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
Membro de

Facebook: iago.suarez.54 Instagram: iagogz12 Editar o valor en Wikidata


Iago Suárez Fernández, alcumado Iagueiro, nado na Tapada, en Carballedo o 28 de agosto de 1997,[1] é un cantante[2] e político[3] galego.[1][2] É un dos membros fundadores do grupo de rap galego TIAM Gz[2][4] e forma parte do BNG.[3][5][6][7]

Actualmente é o secretario xeral da Unión da Mocidade Galega e exerce como deputado no Parlamento de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iago Suárez pasou toda a súa infancia e mocidade nos concellos de Chantada[1][2] e Carballedo. No ano 2015 comezou a estudar o Grao en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo,[1][8] durante o cal pasou un ano na Universidade de Bratislava grazas ao programa Erasmus+.[1][9]

Traxectoria musical

[editar | editar a fonte]

Comezou a dar os primeiros pasos no mundo da música coa fundación en 2018, xunto co Torozas, o Alessov e o Mr. Mati, do TIAM Gz[4][2]. O nome do grupo está formado polas iniciais dos seus integrantes (Torozas, Iagueiro, Alessom e Mr. Mati) e no cal Iago Suárez é un dos MC. No mesmo ano da súa fundación, o grupo lanza unha mixtape con 4 cancións chamado Cantigas e, máis tarde, o sinxelo «Akelarre». O ano seguinte publica dous sinxelos «Arabic» e «Entropía». En 2020 volven lanzar dous sinxelos, desta vez chamados «Flows da Nada» e «Sandungueira», este último coa colaboración doutra rapaza de Chantada, Julia Vázquez.[10][4][2]

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Tras afiliarse a Galiza Nova, no ano 2018 aparece por vez primeira nunhas listas do BNG como segundo suplente de Cosme Pombo nas listas para o Senado das eleccións xerais do 28 de abril de 2019,[11] posición que mantería para a reedicion das eleccións xerais o 10 de novembro dese mesmo ano.[12] Tamén se presentou nas eleccións municipais do 26 de maio de 2019 en Chantada, circunscrición na cal ocupou a sexta praza como integrante da candidatura do BNG.[13]

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi no número 5 nas listas pola provincia de Lugo.[3] Dende 2018, forma parte da dirección comarcal de Galiza Nova de Lugo Sul e, desde 2023, da Comisión Permanente de Galiza Nova como responsábel de Formación.[14][15]

En maio de 2024, foi escollido pola UMG como novo secretario xeral.[16]

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorreu como número 4 pola provincia de Lugo, resultando elixido.[17][18]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Iago Suárez Fernández". www.facebook.com. Consultado o 2020-07-19. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 X.M.F. (2020-05-31). "TIAM Gz, hip hop galeguista e combativo feito en Chantada". Xornal de Lemos. Consultado o 2020-07-19. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Diario, Nós. "Mercedes Queixas, Rosana Pérez, Alexandra Fernández, Iago Tabarés e Daniel Castro súmanse á candidatura do BNG". Nós Diario. Consultado o 2020-07-19. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Lugo, El Progreso de (2020-03-31). "Tiam GZ: unha banda de Chantada que chega con hip hop "feito na casa"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2020-07-19. 
  5. Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "[Senado] Candidatura por Lugo". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-19. 
  6. gallego, El Ideal. "Elecciones Generales 2019: Candidaturas Lugo Congreso y Senado". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2020-07-19. 
  7. X.M.F. (2019-04-30). "O BNG quere recuperar o seu espazo en Chantada". Xornal de Lemos. Consultado o 2020-07-19. 
  8. "Prueba tipo test nº 1" (PDF). Páxina Web de Joan Miquel Vergès. Consultado o 20/07/2020. 
  9. "Erasmus Bratislava 2016 / 2017 (Español) - Foro Erasmus Bratislava". erasmusu.com. Consultado o 2020-07-19. 
  10. "TIAM Gz - YouTube". www.youtube.com. Consultado o 2020-07-19. 
  11. gallego, El Ideal. "Elecciones Generales 2019: Candidaturas Lugo Congreso y Senado". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2020-07-19. 
  12. gallego, El Ideal. "Elecciones Generales 2019: Candidaturas Lugo Congreso y Senado 10-N". El Ideal gallego (en castelán). Consultado o 2020-07-19. 
  13. "Eleccións locais e europeas" (PDF). Deputación de Lugo. Consultado o 20/07/2020. 
  14. "Cecilia Diéguez, nueva responsable comarcal de Galiza Nova en el sur de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-17. Consultado o 2020-07-24. 
  15. "Sitio web de Galiza Nova". Sitio web de Galiza Nova. 2023-12-23. Consultado o 2024-06-12. 
  16. Suárez, Ricardo (11 de maio de 2024). "A UMG escolle Iago Suárez como o novo secretario xeral da organización no seu XIX Congreso". nosdiario.gal. Consultado o 13 de maio de 2024. 
  17. "Iago Suárez Fernández". parlamentodegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2024. Consultado o 13 de maio de 2024. 
  18. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]