Cosme Pombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cosme Pombo
Nacemento1956
Lugar de nacementoO Incio
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Cosme Eladio Pombo Rodríguez, nado no Incio en 1956, é un político nacionalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi de mestre de primaria no CEIP Frei Luís de Granada de Sarria. Foi concelleiro e portavoz municipal do BNG no Concello do Incio dende 1995 a 2007 e deputado provincial na Deputación de Lugo de 1995 a 2003. Ocupou o cargo de delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia en Lugo de marzo de 2008 ata abril de 2009.

É membro do Consello Comarcal do BNG na comarca Lugo-Sul. Vinculado ao mundo asociativo e cultural, é membro fundador da Asociación Cultural A Ouriceira e do grupo Xarín, gaiteiros do Incio.

Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]