H. P. Lovecraft

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Howard P. Lovecraft»)

H. P. Lovecraft
AlcumeWard Phillips
Nacemento20 de agosto de 1890
Lugar de nacementoProvidence
Falecemento15 de marzo de 1937
Lugar de falecementoProvidence
Causacancro do intestino delgado
SoterradoSwan Point Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaestadounidense
Relixiónateísmo
Alma máterHope High School
Ocupaciónnovelista, poeta, xornalista, escritor de ciencia ficción, ensaísta e escritor
PaiWinfield Scott Lovecraft
NaiSarah Susan Phillips Lovecraft
CónxuxeSonia Greene
Coñecido porThe Call of Cthulhu, The Shadow Out of Time, At the Mountains of Madness, The Case of Charles Dexter Ward, The Cats of Ulthar, Beyond the Wall of Sleep, The Dream-Quest of Unknown Kadath e The Shadow Over Innsmouth
PremiosRetro Hugo Award, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame e Retro Hugo Award for Best Series
Na rede
https://hplovecraft.com
IMDB: nm0522454 Allocine: 68311 Rottentomatoes: celebrity/hp_lovecraft Allmovie: p217863 0 Metacritic: person/hp-lovecraft TV.com: people/h-p-lovecraft
Facebook: HPLovecraftAuthor Bitraga: 1026 Dialnet: 2178952 Spotify: 1QUtO0CVLXg2DonM9aCJrV iTunes: 28049719 Last fm: H.+P.+Lovecraft Musicbrainz: 8047a401-5ca7-48dd-9d7c-2d2b822e51e6 Songkick: 59055 Discogs: 439356 Allmusic: mn0001547472 WikiTree: Lovecraft-8 Find a Grave: 1188 Genius: Hp-lovecraft Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Howard Phillips Lovecraft, nado en Providence, Rhode Island, o 20 de agosto de 1890 e finado no mesmo lugar o 15 de marzo de 1937, é un escritor en lingua inglesa ao que se considera herdeiro da narrativa de Edgar Allan Poe.[Cómpre referencia]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Unha das constantes da vida de Lovecraft foi a enfermidade, que o acompañou dende moi neno. Tamén de neno sufriu constantemente os insultos da súa nai, quen o chamaba "feo". Isto, engadido ós seus constantes pesadelos, prefiguraron a parte principal dos ingredientes da súa obra.

As súas primeiras historias viron a luz en 1905, cando comezou a escribir para gañar a vida. Tamén comezou a manter correspondencia con multitude de escritores, entre os cales, e baixo a súa supervisión, configuraron os Mitos de Cthulhu.

Etapas narrativas[editar | editar a fonte]

A súa obra distingue dúas partes principais: a chamada época "dunsaniana" e a época de apoxeo dos mitos.

A época dunsaniana de Lovecraft componse de relatos moi oníricos. Exemplo deles son as aventuras oníricas de Randolf Carter, como A declaración de Randolf Carter.

Na segunda época, Lovecraft deu renda solta ós seus medos e horrores. Nos seus mitos (e a diferenza de Derleth e os demais colaboradores) atópanse un exacerbado pesimismo, unha angustiosa soidade e frustración. A linguaxe descritiva, por exemplo, é redundante e atafegante. Obras desta época son Nas montañas da loucura ou A sombra que caeu sobre Insmouth.

O máis destacable da súa obra é a creación dos Mitos de Cthulhu. Na mesma acabaron colaborando varios dos escritores con quen mantiña correspondencia. O máis destacable deles é August Derleth, ademais de Forrest J. Ackerman, Robert Bloch e Robert E. Howard. A relación entre eles era tan estreita que non dubidaban incluso en introducirse uns aos outros coma personaxes das súas obras.

A grandes trazos, os Mitos de Cthulhu son unha mitoloxía novelesca sustentada por referencias a libros canónicos, piares dun suposto coñecemento esquecido e horrible. A principal obra é o Necronomicon. Os libros tratarían de varias supostas civilizacións perdidas e esquecidas, moi anteriores á presenza do ser humano no planeta.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • O relato fantástico: de Poe a Lovecraft, intro. de G. Navaza, trad. de Ricardo Terco. Ir Indo.