Horacio Quiroga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quiroga en 1900.

Horacio Silvestre Quiroga Forteza, nado en Salto o 31 de decembro de 1878 e finado en Bos Aires o 19 de febreiro de 1937, foi un escritor uruguaio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi especialmente destacado no conto latinoamericano, de prosa vívida, naturalista e modernista. Os seus relatos breves, que a miúdo retratan á natureza como inimiga do ser humano baixo trazos temíbeis e horrorosos, teñen unha certa similitude coa narrativa do estadounidense Edgar Allan Poe.

A vida de Quiroga, marcada pola traxedia, os accidentes de caza e os suicidios, culminou por decisión propia, cando bebeu un vaso de cianuro no Hospital de Clínicas da cidade de Bos Aires aos 58 anos de idade, tras decatarse de que padecía de cancro de próstata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Horacio Quiroga

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]