Hope Jahren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHope Jahren

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Austin (Minnesota), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOslo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of California, Berkeley College of Natural Resources (en) Traducir - Doutor en filosofía (–1996)
Universidade de Minnesota (pt) Traducir (–1991)
Universidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoGeobiologia (pt) Traducir e Xeoquímica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Oslo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxeoquímica , bióloga , geobiologista (pt) Traducir , xeóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oslo (2016–)
Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia
Universidade do Havaí (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webhopejahrensurecanwrite.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: HopeJahren Editar o valor em Wikidata

Anne Hope Jahren, nada en Austin (Minnesota) o 27 de setembro de 1969, é unha xeoquímica e xeobióloga estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai ensinou ciencias nun colexio comunitario e ela é a menor de catro irmáns, os outros tres homes.[1][2] Completou os seus estudos de Xeoloxía na Universidade de Minnesota, graduándose cum laude en 1991. Obtivo o seu doutoramento en 1996 na Universidade de California, Berkeley. De 1996 a 1999 foi profesora asistente no Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia e logo trasladouse á Universidade Johns Hopkins onde permaneceu até 2008.[3]

En Xeorxia levou a cabo unha investigación pioneira en paleoatmosferas utilizando plantas fosilizadas, e descubriu o segundo evento de liberación de hidratos de metano que ocorreu hai 117 millóns de anos. Tamén pasou un ano cunha bolsa Fulbright na Universidade de Copenhague, aprendendo técnicas de análises de ADN.[4]

Durante a súa estancia en Johns Hopkins, recibiu a atención dos medios de comunicación polo seu traballo cos bosques fósiles da illa Axel Heiberg (Canadá). Os seus estudos das árbores permitíronlle estimar as condicións ambientais na illa hai 45 millóns de anos. Cos seus colaboradores analizou o esgotamento dos isótopos de osíxeno para determinar os patróns climáticos que permitiron que grandes bosques de Metasequoia prosperasen durante o Eoceno.[5][6][7] A súa investigación en Johns Hopkins tamén incluíu a primeira extracción e análise do ADN atopado no paleosolo e o primeiro descubrimento de isótopos estábeis existentes no ADN dun organismo multicelular.[4]

Deixou a Johns Hopkins para exercer a cátedra na Universidade de Hawai.[5] A súa investigación centrouse no uso da análise de isótopos estábeis para determinar as características do ambiente en diferentes escalas de tempo.[8] Desde o 1 de setembro de 2016 é profesora no Centro para a Evolución da Terra e a Dinámica da Universidade de Oslo, onde estuda a forma en que os organismos viventes e fósiles están quimicamente relacionados co ambiente.[9]

O seu libro Lab Girl foi aplaudido como "unha memoria persoal e un himno ao mundo natural", unha fusión literaria de memorias e escritos científicos, e "unha narrativa convincentemente terreal"; "a historia dunha vocación científica que xorde no laboratorio de ciencias dunha vila pequena de Estados Unidos e termina, de momento, na Universidade de Hawai. No medio, todas as plantas e moita vida".[1][2][10][11][12]

Distincións e honras[editar | editar a fonte]

Recibiu tres bolsas Fulbright: en 1992 para traballos de xeoloxía en Noruega, en 2003 para ciencias ambientais en Dinamarca e en 2010 para ciencias árticas en Noruega.[3] En 2001, gañou a Medalla Donath, outorgada pola Geological Society of America. En 2005 foi galardoada coa Medalla Macelwane, converténdose na primeira muller e o cuarto científico en gañar tanto a Medalla Macelwane como a Medalla Donath.[4][5] En 2016, a revista Time Magazine nomeouna unha das "100 persoas máis influentes do mundo".[13] Foi galardoada coa Medalla da Sociedade Australiana de Investigación Médica en 2018, ano no que tamén foi elixida membro da Academia Norueguesa de Ciencias e Letras.[14][15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jahren, Hope (3 de marzo de 2016). "My family, my science" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Francl, Michelle (2017). "A Life in Science" (en inglés) 3 (1): 46–47. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2019. Consultado o 13 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Jahren, Hope (18 de setembro de 2013). "Jahren CV" (PDF) (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Dove, Patricia (2013). "A. Hope Jahren" (en inglés). American Geophysical Union. Consultado o 7 de febreiro de 2014. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Hansen, Kathryn (Xuño de 2005). "Wired for Science". The Johns Hopkins Magazine (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  6. Trivedi, Bijal P. (26 de mrzo de 2002). "Arctic Redwood Fossils Are Clues to Ancient Climates" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  7. Lawrence, David (Xuño de 2002). "Warm winds in the Arctic" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  8. Jahren, Hope (2012). "Background" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  9. "Anne Hope Jahren" (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2016. 
  10. "'Lab Girl' by Hope Jahren (review)". Kirkus Reviews (en inglés). 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  11. Stewart, Amy (15 de abril de 2016). "A scientist’s uncommon bond with her odd lab-partner-for-life" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2018. 
  12. Calvo Roy, Antonio (3 de agosto de 2017). "Los árboles lo son todo". 
  13. {{cita web|url=http://kosmopolis.cccb.org/es/participants/jahren-hope/%7Ctítulo=Hope[Ligazón morta] Jahren|editor=Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona|data=19 de xaneiro de 2017|data-cceso=25 de decembro de 2018
  14. "ASMR MRW® | Australian Society for Medical Research". asmr.org.au (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2018. 
  15. "Artikkel: Group 3: Geological studies". english.dnva.no (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]