Metasequoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sequoia do alba (xénero Metasequoia)
Metasequoia Glyptostroboides2.jpg
Estado de conservación
Crítico
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Taxodiaceae
Xénero: Metasequoia
Especie: M. glyptostroboides
Nome binomial
Metasequoia glyptostroboides
Hu & W.C.Cheng 1948
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Metasequoia é un xénero de árbores pertencente á familia das Taxodiáceas. Consta dunha soa especie, a sequoia do alba ou metasequoia (Metasequoia glyptostroboides). A metasequoia é unha árbore que se desenvolve axiña, orixinaria de Sichuan-Hubei, rexión da China. É a única especie viva no xénero, mais se coñecen tres especies fósiles. Cómpre non confundila coas outras dúas especies de sequoias, coas que integra a subfamilia Sequoideae: a sequoia xigante (Sequoiadendron giganteum) que acada alturas de até 85 m e mais a sequoia común (Sequoia sempervirens), que é a conífera máis alta que existe, chegando a acadar máis de 115 m de altura.

Follas da sequoia do alba - disposición oposta.

Descrición[editar | editar a fonte]

Mentres que a casca e mais a follaxe son semellantes co xénero relacionado das sequoias, Metasequoia diferénciase en que é caducifolia como Taxodium distichum (alcipreste dos illós), e coma estes, os máis idosos espécimes forman uns contrafortes largos no baseamento do toro. Medra axiña acadando un diámetro de toro de 2 m e 40-45 m de altos en cultivo até agora (co potencial de acadaren incluso alturas maiores).

As follas atópanse enfrontadas de 1 a 3 centímetros dunha cor verde fresca brillante, tornando a un avermellado castaño na caída outoniza. Os conos son de globosos a ovoides de 15 a 25 mm de diámetro con 16 a 28 escalas, dispostas en pares opostos en catro fileiras, cada par perpendicularmente ao par adxacente; se maduran de 8 a 9 meses logo da polinización. Os conos do pole teñen de 5 a 6 milímetros de longo, producido en puntos longos a principio da primavera; prodúcense soamente nas árbores que medran en rexións con veráns cálidos.

Historia[editar | editar a fonte]

O novo xénero botánico Metasequoia creouse para describir un fósil procedente do Mesozoico por Shigeru Miki en 1941, porén en 1944 un grupo pequeno de árbores sen identificar foron descubertos na China en Modaoxi (磨刀溪; actualmente, Moudao (谋道), no distrito de Lichuan, Hubei[1]) por Zhan Wang. A causa da Segunda Guerra Mundial, non puideron ser estudados até 1946 e só se describiron finalmente como unha nova especie de Metasequoia en 1948 por Cheng Wan Chun, profesor da Universidade de Chungking, e Hsen Hsu Hu. En 1948 el Arnold Arboretum da Universidade de Harvard mandou unha expedición para recoller sementes, e pouco despois árbores procedentes destas sementes foron distribuídas a diversas Universidades e arboretos ao longo de todo o mundo para probar o seu desenvolvemento. Entre 1946 e 1948 introduciuse en Europa. En España considérase que o primeiro exemplar aclimatado é o que, en 1956 e procedente de Inglaterra, levou Emilio Botín Sanz de Sautuola ao seu eido de Puente San Miguel (Xardín Histórico de Cantabria desde 1986), onde, cunha idade de 45 anos, alcanzou 15 metros de altura e unha circunferencia a 1,50 m de 1,66 m.[2]

No ano 1974 o goberno chinés adoptou medidas para protexer esta especie fósil vivinte. A finais da década de 1980, descubriuse que moitas das árbores da segunda xeración que se cultivaban sufriron da depresión da endogamia (variabilidade xenética extremadamente baixa) a cal podería conducir a un incremento crecente de doenzaes e á falla reprodutiva. Isto foi porque a meirande parte das árbores foron cultivadas das sementes e esgallos derivados de unicamente tres árbores que o Arnold arboretum utilizara coma fonte propagadora. Por isto realizáronse na década de 1990, expedicións de recolleita de sementes máis extensas na China, coas que se intentaron arranxar o problema e restaurar a diversidade xenética da metasequoia cultivada.

Actualmente, unha serie de poboacións naturais de metasequoias existen nos outeiros e lamazais do distrito de Lichuan, en Hubei. A maior parte deles son miúdos, con menos de 30 árbores cada un; porén, o maior deles, no val de Xiaohe, calcúlase que está formado por arredor de 5.400 árbores.[1] Disque tamén existen unhas poucas árbores na veciña provincia de Hunan.[1]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Os fósiles de Metasequoia atópanse en numerosas zonas do Hemisferio Norte; téñense nomeado unhas 20 especies fósiles que ficaron reducidas a só tres especies na actualidade, M. foxii, M. milleri, e M. occidentalis (Farjon 2005). Durante o máximo termal do Paleoceno-Eoceno, extensos bosques de Metasequoia atopábanse tan ao norte como a illa Axel Heiberg (ao norte do Canadá) a uns 80°N de latitude. Uns grandes troncos fosilizados e cotos da extinta Metasequoia occidentalis constitúen a mostra de plantas fósiles do Terciario máis abundante que se encontra nas badlands (terras más) do oeste de Dakota do Norte nos EUA.

Usos[editar | editar a fonte]

Tense demostrado que as metasequoias son árbores de doado cultivo nas rexións temperadas, polo que se comeza a plantar extensamente coma árbore ornamental . Os espécimes plantados acadaron xa de 25 a 40 m en altura e de 1 a 1,3 m en diámetro, malia teren menos de 60 anos de cultivo. Este índice de crecemento rápido levou á consideración de usar a árbore en plantacións silvícolas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Langlois, Gaytha A. (2005). «A conservation plant for Metasequoia in China». En LePage, Ben A.; Williams, Christopher James; Yang, Hong. The geobiology and ecology of Metasequoia. Volume 22 of Topics in geobiology. Springer. p. 369. ISBN 1402026315. 
  2. Loriente Escallada, Enrique; Botín Naveda, Gonzalo (2000). Luengo, Mónica, ed. Puente San Miguel. Historia de un jardín. Fundación Marcelino Botín. p. 32. ISBN 978-84-87678-72-1. 
  • Metasequoia glyptostroboides 1998, 2317, Listed as Critically Endangered (CR A1c, C2a v2.3)
  • Metasequoia Glyptostroboides 2006, ITIS, ID = 505864
  • Farjon, A. (2005). Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4.
  • Metasequoia stumps, Axel Heiberg Island (pdf file)
  • Jahren, A. H. & Sternberg, L. S. L. (2003). Humidity estimate for the middle Eocene Arctic rain forest. Geology Mayo de 2003 pdf file

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metasequoia Modificar a ligazón no Wikidata