Holzminden
Holzminden | ||
---|---|---|
| ||
Estado | no n/d | |
Capital | n/d | |
• Poboación | n/d | |
Lingua oficial | Alemán | |
• Total | 88,25 km² | |
• % auga | n/d | |
• Total (31 de decembro de 2009) | 20.210[1] hab. | |
• Densidade | 229 hab./km² | |
Xentilicio | n/d | |
Fuso horario | CET (UTC +1) | |
• Horario de verán | CEST (UTC +2) | |
Prefixo telefónico | 37603 | |
Código ISO | n/d | |
Holzminden (pronunciación alemá : hɔltsˈmɪndən ) é unha cidade, capital do distrito rural alemán de Holzminden, no sur do estado federal de Baixa Saxonia. Atópase directamente ás beiras do río Weser, que marca a fronteira con Renania do Norte-Westfalia.
Historia[editar | editar a fonte]
Nome[editar | editar a fonte]
Holzminden mencionouse por primeira vez no século IX como Holtesmeni; porén, o nome non se refería orixinalmente á cidade actual, senón a unha aldea de Altendorf, a "cidade vella", que foi incorporada á cidade en 1922.
Idade Media[editar | editar a fonte]
Durante o reinado de Ludovico I, monxes beneditinos da abadía de Corbie en Francia chegaron á zona e fundaron un mosteiro en Hethis no Solling. Cando o lugar deste mosteiro xa non era viable, foi pechado e abriuse outro preto do río: Abadía de Corvey ou Corbeia nova. Documentos antigos mostran que houbo moitas doazóns ao Holtesmeni (mosteiro).
Presúmese que xurdiu, xunto con outros asentamentos da contorna, no período comprendido entre o 500 e o 800. Algunhas das outras cidades foron abandonadas cando Holzminden recibiu as leis municipais, prometendo así maiores privilexios aos seus cidadáns e exercendo unha maior atracción ao seu redor.
En 1200, a cidade foi transferida baixo a protección do príncipe do castelo de Everstein, e en 1245, o conde de Everstein concedeulle o status de cidade. Por este motivo, o escudo da cidade mostra ao león de Everstein rampante cara á entrada aberta da cidade.
Desde 1408, a cidade pertenceu aos príncipes da Casa de Welf.
Idade Moderna e Contemporánea[editar | editar a fonte]
A partir do século XVI Holzminden pertenceu á Casa de Brunswick e Desde entón até 1942, estivo gobernada polo Ducado de Brunswick . En 1640, durante a Guerra dos Trinta Anos, a cidade foi destruída polas tropas do emperador e só se recuperou lentamente.
Até o século XX, Holzminden foi unha cidade provincial habitada por pequenos agricultores. Durante a Primeira guerra mundial, Holzminden foi o lugar dun campo de prisioneiros de guerra alemáns para oficiais británicos capturados. Na Segunda guerra mundial, o xefe do Departamento de operacións (Operationsabteilung) da Wehrmacht de 1940 a 1944 na Alemaña nazi, Adolf Heusinger, era orixinario de Holzminden.[2]
Cidades irmás[editar | editar a fonte]
Holzminden está irmandado con:
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Landesbetrieb für Statistik und Kommunikationstechnologie Niedersachsen. "Bevölkerungsfortschreibung" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de abril de 2010.
- ↑ "Adolf Heusinger: la historia del general nazi que acabó dirigiendo la OTAN". elconfidencial.com (en castelán). 2016-01-10. Consultado o 2022-08-09.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Holzminden ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Holzminden". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).