Río Weser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Weser
Weser-bei-Polle.jpg
Vista do Weser en Polle, km. 92 de curso
País Alemaña
Rexión n/d
Nacemento Hannoversch Münden:unión do Werra e Fulda
Altitude n/d
Lonxitude 452 km (con Werra 744 km)
Caudal medio 327 m3/s
Conca 41.094 km2
Desembocadura Mar do Norte
Mapa do Weser

O Weser é un importante río de Alemaña que se orixina da unión, preto de Hannoversch Münden, na Baixa Saxonia, dos ríos Fulda, que pasa pola cidade homónima, e Werra. O sistema Weser/Fulda alcanza unha lonxitude de 650 km, entanto os sistema Weser/Werra 744 km. O Weser desauga no Mar do Norte.

Xunto con o Ems, o Weser é o outro gran curso de auga que flúe enteiramente por territorio alemán. Desde a unión dos ríos que o forman Weser atravesa os estados de Hessen, Nordrhein-Westfalen, Niedersachsen e Bremen, servindo de límite fluvial entre estes dous últimos. A súa conca esténdese tamén por partes de Thüringen e Sachsen-Anhalt.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O considerado punto 0 do Weser é a unión do Fulda e o Werra en Hannoversch Münden. Desde aí o río atravesa a rexión de outeiros de Weserbergland, moi frecuentada polo turismo, e que deixa atrás pola denominada Porta Westfalica, ao sur de Minden. Xusto ao norte desta cidade de Minden, o río vese cruzado polo Mittellandkanal (en alemán Canle do Centro) por medio dun acueduto. Xa inmerso na gran chaira do norte da Alemaña o seu curso forma numerosos meandros, véndose o leito moi arranxado con canles de derivación, esclusas, etc. Os últimos 85 km corresponden xa ao curso inferior do río. Na desembocadura ou estuario do Weser no Mar do Norte, a 252 km da confluencia do Fulda e do Werra, levántase na súa beira esquerda, que corresponde ao estado de Bremen, a cidade de Bremerhaven.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Os principais afluentes do Weser e do Werra son:

Cidades importantes ás beiras[editar | editar a fonte]

A cidades máis salientes erguidas á orelas do río desde a unión do Fula e o Werra son: Hannoversch Münden, Bad Karlshafen, Beverungen, Höxter, Holzminden, Bodenwerder, Hamelín (Hameln), Hessisch-Oldendorf, Rinteln, Vlotho, Bad Oeynhausen, Porta Westfalica, Minden, Petershagen, Nienburg, Achim, Brema, Brake, Nordenham, Bremerhaven.

Protección ambiental[editar | editar a fonte]

No seu curso inferior o Weser atravesa o Parque Nacional da Baixa Saxonia Wattenmeer.

Nota[editar | editar a fonte]

En alemán a rexión de Vesdre, en Bélxica, recibe tamén o nome de Weser.

Véxase tamén =[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Weser