Holger Nielsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Holger Nielsen
Nacemento18 de decembro de 1866
 Copenhague
Falecemento26 de xaneiro de 1955
 Hellerup
NacionalidadeDinamarca
Ocupaciónesgrimista, atirador desportivo e atleta
editar datos en Wikidata ]

Holger Louis Nielsen, nado en Copenhague o 18 de decembro de 1866 e finado en Hellerup o 26 de xaneiro de 1955, foi un militar, profesor de ximnasia, tirador de esgrima e tirador olímpico danés, gañador de tres medallas olímpicas e creador das primeiras normas escritas do balonmán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nielsen pretendía estudar medicina pero non puido por razóns económicas e acabou entrando na Escola Militar (Hærens elevskole) en 1881 ao que lle aseguraba un posto como suboficial no exército, ao remate dos seus estudos en 1884 foi transferido a artillería como sarxento e admitido na Escola de Ximnasia do exército (Hærens Gymnastikskole), onde practicou intensivamente esgrima. En 1887 a Hærens elevskole admitiuno como profesor de educación física, pasou despois dous anos na Academia Sorø tamén como profesor de educación física, tras os cales volveu á Escola Militar e en 1891 ascendeu a tenente. De 1891 a 1914 foi profesor de educación física da Ordrup Latin- og Realskole e despois superintendente da Statens Gymnastikinstitut, onde se formaban en educación física os profesores de primaria e tamén serviu como xuíz en moitas competicións de ximnasia. Foi un dos fundadores da Danmarks Gymnastik Forbund en 1899 e da Dansk Svømme og Livrednings Forbund en 1907. Nielsen inventou en 1932 un método para a resucitación de afogados, que recibiu o apoio das autoridades sanitarias danesas en 1951 empregándose no país e noutros sitios ata que se substituíu polo boca a boca a partir de 1958.

Método de Holger Nielsen nun folleto da RDA

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

Nielsen foi un dos tres participantes daneses nos Xogos Olímpicos de 1896: competiu na proba de sabre de esgrima, onde derrotou o austríaco Adolf Schmal e o grego Georgios Latridis pero perdeu diante dos gregos Telemachos Karakalos e Ioannis Georgiadis. Ao final levou a medalla de bronce. E tamén participu en varias probas de tiro, foi quinto en pistola militar a 25 metros, gañou o bronce en pistola rápida a 25 metros, aínda que foi o último dos tres tiradores que remataron a competición. O seu mellor resultado foi segundo en pistola libre a 30 metros, tras do norteamericano Sumner Paine, logrando prata. Tamén competiu en lanzamento de disco.

Balonmán[editar | editar a fonte]

Nielsen comezou en 1898 a experimentar cun xogo de pelota que se practicaba coa man, xa que o patio da escola onde daba clases non era suficientemente grande como para xogar ao fútbol e o director do centro mandara non mandar a pelota con forza polo perigo de romper cristais. Por esta razón Nielsen desenvolveu un deporte para xogar coa man no canto de facelo co pé, e escribiu algunhas regras que publicou en 1906 no libro "Vejledning i håndbold". Á súa vez, e sen se coñeceren, desde 1897 Rasmus Nicolaj Ernst profesor dunha escola de Helsingør desenvolvera tamén un xogo semellante para os seus estudantes. Un dos primeiros partidos de balonmán en disputarse foino precisamente entre as escolas de Nielsen e Ernst en 1907, encontro que gañou a escola de Nielsen por 21-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]