Saltar ao contido

Adolf Schmal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdolf Schmal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Felix Adolf Schmal Editar o valor en Wikidata
18 de setembro de 1872 Editar o valor en Wikidata
Dortmund, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 1919 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Salzburgo, Austria Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista, ciclista, xornalista Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioFilius
Schmal-Filius Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima
ciclismo de competición Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- Akademisch-technischer Radfahrer-Verein Wien
Participou en
6 de abril de 1896Xogos Olímpicos de 1896 (4º)
6 de abril de 1896Xogos Olímpicos de 1896
6 de abril de 1896Xogos Olímpicos de 1896 (3º) (medalla de bronce olímpica)
6 de abril de 1896Xogos Olímpicos de 1896 (3º) (medalla de bronce olímpica)
6 de abril de 1896Xogos Olímpicos de 1896 (1º) (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFelix Schmal Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Olympics.com: adolf-schmal

Adolf Schmal, nado en Dortmund o 18 de setembro de 1872 e finado en Salzburgo o 28 de agosto de 1919, foi un tirador de esgrima, ciclista e xornalista deportivo austríaco.

Adolf Schmal era coñecido como tirador da modalidade de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1896 Schmal xa tiña dúas vitorias e estaba en clara vantaxe cando, segundo conta John MacAloons no seu libro This Great Symbol. Pierre de Coubertin and the Origins of the Modern Olimpic Games (1981), fixo a súa entrada no estadio o rei grego e o torneo quedou anulado, volvendo a empezar e nesta segunda volta gañou só a Georgios Iatridis, quedando cuarto sobre cinco participantes.

Días despois deron comezo as probas ciclistas no Velódromo Neo Phaliron, quedando terceiro en 333 metros contra reloxo e 10 quilómetros pero o seu mellor resultado veu dous días despois ao gañar a proba de 12 horas, ao cubrir 314'997 km. Sobre a súa participación nos olimpiadas escribiu unhas memorias Wie ich einen olympischen Lorbeer verlor - und einen gewann que se publicaron en 1919. Despois de rematar a súa carreira atlética dedicouse ao automobilismo e co pseudónimo de "Filius“ e máis tarde de Schmal-Filius, converteuse nun dos xornalistas do motor máis importantes de Austria. Foi editor do Illustrierten Allgemeinen Radfahrerzeitung[1], foi cofundador con Felix Sterne, e director entre 1900 e 1919, do Allgemeine Automobil-Zeitung.

  • Ohne Chauffeur. Ein Handbuch; 1904
  • Die Kunst des Fahrens
  • Eine Automobil-Reise durch Bosnien, die Hercegovina und Dalmatien. 1908
  1. Volker Kluge: Olympische Sommerspiele – Die Chronik I. Sportverlag, Berlin 1997, ISBN 3-328-00715-6, S. 39