Telemachos Karakalos
| Biografía | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 1866 Dimitsana | ||||||||||||||||
| Morte | 15 de xuño de 1951 | ||||||||||||||||
| Educación | Hellenic Military Academy (en) | ||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||
| Ocupación | esgrimista, militar | ||||||||||||||||
| Carreira militar | |||||||||||||||||
| Rango militar | xeneral | ||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Grecia | ||||||||||||||||
| Deporte | esgrima ximnasia | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||
| 6 de abril de 1896 | Xogos Olímpicos de 1896 |
||||||||||||||||
Telemachos Karakalos ( en grego Τηλέμαχος Καράκαλος), nado en Dimitsana en 1866 e finado o 15 de xuño de 1951, foi un militar e tirador de esgrima grego, gañador dunha medalla olímpica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coronel de artillaría, pertencía ao Athens Club. Participou nos Xogos Olímpicos de 1896 de Atenas, competiu en sabre individual, gañando a Georgios Iatridis, Adolf Schmal e Holger Nielsen e perdendo co seu compatriota Ioannis Georgiadis, o que o colocou no segundo lugar, equivalente á medalla de prata. No ano 1897 loitou na Guerra Greco-Turca. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 de París con Georgiadis pero o xurado anulou a súa actuación por golpes impropios. Combateu tamén na Primeira Guerra Balcánica en 1912 e desde 1913 foi profesor de xeografía e historia militar na Academia do Exército. Escribiu a obra Εισαγωγή της γυμναστικής στο στράτευμα, unha introdución á práctica da ximnasia no exército, e foi autor dun manual de xeografía militar e de historia militar publicado en 1914.