Ioannis Georgiadis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ioannis Georgiadis
Ioannis Georgiadis.JPG
Nacemento29 de marzo de 1876
Lugar de nacementoTrípoli
Falecemento17 de maio de 1960
Lugar de falecementoAtenas
NacionalidadeGrecia
Alma máterUniversidade de Atenas
Ocupaciónesgrimista e forensic pathologist
editar datos en Wikidata ]

Ioannis Georgiadis, nado en Trípoli o 29 de marzo de 1876 e finado en Atenas o 17 de maio de 1960[1], foi un médico forense e tirador de esgrima grego, o primeiro gañador olímpico de sabre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Georgiadis estudou medicina e pertencía ao club deportivo Gymnastiki Eteria Patron e á sección de esgrima do exclusivo Athens Club. Competiu nos primeiros xogos da época moderna que se celebraron en Atenas en 1896 na modalidade de sabre e, segundo conta John MacAloons no seu libro This Great Symbol. Pierre de Coubertin and the Origins of the Modern Olimpic Games (1981) era xa virtual gañador da competición o austríaco Adolf Schmal cando entrou o rei no estadio e o torneo quedou anulado, volvendo empezar e nesta segunda volta Georgiadis gañou a todos os seus competidores, proclamándose campión. Participou nos Xogos Olímpicos de 1900 pero o xurado anulou a súa actuación por toques impropios. Nos Xogos Intercalados de 1906 logrou a medalla de ouro en sabre individual e prata en sabre por equipos. Estivo tamén nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.[2]

Médico forense organizou e dirixiu o Departamento forense do Depósito Municipal de Atenas (1904-1907) e o departamento antropométrico da policía (1909), foi profesor de medicinal legal e toxicoloxía na Universidade de Atenas de 1911 e 1952 e publicou varios libros e artigos científicos sobre a súa especialidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica, 18-5-1960, di: "morreu onte" (isto é o 17 de maio de 1960)
  2. "Ioannis Georgiadis Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2012. Consultado o 2010-03-26.