Hinobíidos
Hinobíidos Hynobiidae Rango fósil: Mioceno - Actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hynobius kimurae | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A dos hinobíidos (Hynobiidae), coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional como salamántigas asiáticas, é unha familia de anfibios caudados.[1][2]
A familia está composta por unhas 59 especies de urodelos primitivos que se distribúen por toda Asia, así como en Rusia.[1]
As súas especies están estreitamente relacionadas coas salamandras xigantes (familia dos criptobránquidos), coas que forman a suborde dos criptobrancoideos.
Presentan dentes angulosos, fecundación externa (sendo os ovos depositados en bolsas) e unha metamorfose completa.
Aproximadamente a metade dos hinobíidos descritos actualmente son endémicos do Xapón.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1859 polo paleontólogo, herpetólogo, ictiólogo e anatomista comparativo estadounidense Edward Drinker Cope, na súa obra:
- Cope, E. D. (1859): "On the primary divisions of the Salamandridae, with descriptions of two new species". Proceedings of the Academy of Natural Sciences of Philadelphia 11: 122-128. (Ver texto íntegro)
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da familia, Hynobiidae, está formado, de acordo coa norma, sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Hynobius, coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Molgidae Gray, 1850
- Ellipsoglossidae Hallowell, 1856
- Hynobiinae Cope, 1859
- Protohynobiinae Fei & Ye, 2000
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo Amphibian Species of the World a familia subivídese en dúas subfamilias, hinobiinos e onicodactilinos,[4] cos xéneros que se indican:
- Subfamilia Hynobiinae Cope, 1859.[5]
- Afghanodon Dubois & Raffaëlli, 2012
- Batrachuperus Boulenger, 1878
- Hynobius Tschudi, 1838
- Iranodon Dubois & Raffaëlli, 2012
- Liua Zhao & Hu, 1983
- Pachyhynobius Fei, Qu, & Wu, 1983
- Pseudohynobius Fei & Yang, 1983
- Ranodon Kessler, 1866
- Salamandrella Dybowski, 1870
- Subfamilia Onychodactylinae Dubois & Raffaëlli, 2012.[6]
- Onychodactylus Tschudi, 1838
Ademais coñécense dous xéneros fósiles:[7]
- †Iridotriton Evans, Lally, Chure, Elder & Maisano, 2005
- †Liaoxitriton Dong & Wang, 1998
Bioloxía
[editar | editar a fonte]A maioría das especies son terrestres e volven á auga só para reproducírense. Hai poucas evidencias de cortexo. As femias poñen os ovos en dúas masas xelatinosas en forma de arco que conteñen de 35 a 70 ovos cada unha. Os sacos de ovos están pegados a pedras ou vexetación. A fecundación é externa (como nas outras dúas familias de salamántigas primitivas), e os coidados dos pais están presentes en forma de garda de ovos. O comportamento e a ecoloxía dos hinobíidos coñécense pouco.
Filoxenia
[editar | editar a fonte]As análises de Zhang et al. (2006) sobre a filoxenia e a bioxeografía das salamántigas asiáticas indican que, tras orixinarse o grupo na China, a distribución deste foi primordialmente controlada polos efectos xeolóxicos e climáticos locais, tales como a desertificación de Mongolia e o levantamento da meseta tibetana.[8]
Xunto co grupo dos Cryptobranchidae forman un clado, sendo este o máis antigo de entre os caudados.[9]
Cladograma
[editar | editar a fonte]Cladograma baseado en Zhang et al. (2006):[8]
Hynobiidae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hynobiidae en Amphibian Species of the World. Versión 6.1. Consultado o 16 de novembro de 2021.
- ↑ Hynobiidae no GBIF. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ Hasumi, M. (2002): About hynobiids.
- ↑ Hynobiidae Cope, 1859 no ITIS. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ Hynobiinae Cope, 1859 No ITIS.
- ↑ Onychodactylinae Dubois and Raffaëlli, 2012 no ITIS.
- ↑ Mikko's Phylogeny Archive. Cryptobranchoidei.
- ↑ 8,0 8,1 Zhang, P. et al (2006): "Phylogeny, evolution, and biogeography of Asiatic salamanders (Hynobiidae)". Proceedings of the National Academy of Sciences 103: 7360-7365.
- ↑ Gao, K. & Shubin, N. H. (2003): "Earliest known crown-group salamanders". Nature 422: 424-428.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hinobíidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hinobíidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Larson, A. (1991): "A molecular perspective on the evolutionary relationships of the salamander families". Evolutionary Biology 25: 211-277.
- Vitt, Laurie J. & Janalee P. Caldwell (2014): Herpetology: An Introductory Biology of Amphibians and Reptiles. 4th Edition. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1238-6919-7.
- Weisrock, D. W. et al. (2013): "Molecular phylogenetic reconstruction of the endemic Asian salamander family Hynobiidae (Amphibia, Caudata)". Zootaxa 3626 (1): 77–93.
- Zug, G. R.; Vitt, L. J. & Caldwell, J. P. (1993): Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 0-1278-2622-X.