Hildegart Rodríguez Carballeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hildegart Rodríguez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hildegart Rodríguez Carballeira
Hildegart Rodríguez.jpg
Nome completoHildegart Rodríguez Carballeira
Nacemento9 de decembro de 1914
 Madrid
Falecemento9 de xuño de 1933
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónsex educator, política e Neno prodixio
Paivalor descoñecido
NaiAurora Rodríguez Carballeira
editar datos en Wikidata ]

Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Aos tres anos escribía e aos oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de dereito con 17 anos e foi unha activa membro do Partido Socialista e despois do Partido Federal. Cando comezaba a ser coñecida internacionalmente, e ante o intento de separarse do proxecto que a súa nai tiña para ela, o 9 de xuño de 1933 a nai disparoulle catro tiros mentres durmía e matouna. Tiña entón 18 anos e estaba a estudar medicina.[1] Era curmá do tamén neno prodixio Pepito Arriola.

Infancia[editar | editar a fonte]

Hildegart foi concibida en Ferrol pola socialista Aurora Rodríguez Carballeira e un pai biolóxico escollido por súa nai só para este fin. Cando estivo preñada mudouse a Madrid, onde naceu Hildegart un 9 de decembro no número 3 da rúa Juanelo. Malia súa nai ser atea militante, foi bautizada o 23 de marzo. Tamén malia súa nai pensar que os nenos non debían ser inscritos no rexistro, aínda así fíxoo tamén, en data tan avanzada como o 29 de abril.

Na súa partida de nacemento consta como Hildegart Leocadia Georgina Hermenegilda Maria del Pilar Rodriguez Carballeira, aínda que só usou o primeiro dos nomes. A súa nai sempre dixo que Hildegart significaba "xardín de sabedoría" en alemán, pero nada xustifica esa afirmación: realmente é unha invención ou unha versión mal escrita do nome alemán Hildegard ("virxe heroica, que dá abeiro na batalla").

Até os 4 anos visitouna o seu pai, ata que Aurora comezou a sospeitar da súa influencia e prohibiullo.

Activista[editar | editar a fonte]

Desde moi moza comezou a militar activamente no PSOE e na UGT, tendo un amplo apoio entre as bases, aínda que a cúpula a miraba con receo e intentaba minimizar a súa presenza pública. A publicación en 1932 dunha carta no xornal La Libertad no que criticaba duramente unha posíbel alianza do PSOE cun candidato reaccionario provocou a súa expulsión. Tras disto converteuse en membro do Partido Federal e nunha fervente crítica dos "socialenchufistas".

A Revolución Sexual[editar | editar a fonte]

Hildegart foi unha das persoas máis activas no movemento pola reforma sexual e a euxenesia na España do seu tempo. Estivo conectada coa vangarda europea no tema, mesmo mantivo correspondencia con Havelock Ellis, de quen era tradutora. Cando se fundou a Liga Española pola Reforma Sexual presidida polo doutor Gregorio Marañón, ela foi escollida secretaria. Publicou moitos textos, entre eles a monografía La Revolución Sexual que vendeu 8.000 exemplares só en Madrid na semana da súa publicación. Mantivo unha extensa correspondencia con personalidades europeas da época, entre eles con H. G. Wells. Hildegart acompañouno cando visitou Madrid. A pretensión de levar a Londres a Hildegart como secretaria súa, coa intención de que se separase de súa nai e desenvolvese o seu potencial, deu corpo ás paranoicas conspiracións que Aurora vía ao seu redor.

A fin[editar | editar a fonte]

No seu tempo apareceron diferentes teorías sobre o asasinato de Hilgerdart, entre elas unha suposta relación sentimental con Abel Vilella. O que parece máis probábel, e coincide co relato da súa nai, é que a deterioración da relación entre ambas era profunda, principalmente polo avance da paranoia da nai. Hildegart intentou varias veces separarse dela, ao que a nai respondía con ameazas de suicidio. Cando viu que a súa filla se apartaba do proxecto que trazara para ela, decidiu destruíla: "O escultor, despois de descubrir a mínima imperfección na súa obra, destrúea".[2] Pola noite, mentres Hildegart durmía, disparoulle tres tiros na testa e un no corazón. Aurora Rodríguez foi xulgada e condenada a 26 anos, oito meses e un día no cárcere. Nunca foi á cadea; pasou dous anos no hospital psiquiátrico de Ciempozuelos, onde finalmente morreu.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Educación Sexual por Hildegart. 1931.
  • Educación sexual, Gráfica Socialista, Madrid 1931.
  • La rebeldía sexual de la juventud. Madrid: Javier Morata 1931. Reeditado con prólogo de Eduardo de Guzmán. Editorial Anagrama, Barcelona, 1977. ISBN 84-339-1302-6.
  • Profilaxis Anticoncepcional, Valencia 1931
  • Malthusimo y neomalthusismo, Madrid 1932
  • ¿Se equivocó Marx?, Madrid, Edición Novela Proletaria, 1932
  • ¿Quo vadis, burguesía?, Madrid, Edición Novela Proletaria, 1932
  • El problema sexual tratado por una mujer española. Madrid, Ediciones Morata, 1977. ISBN 84-7112-057-7
  • Métodos para evitar el embarazo. (Maternidad voluntaria). Zaragoza, Guara, 1978. ISBN 84-85303-04-0

Obras inspiradas na súa vida[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Aurora de sangre (Vida y muerte de Hildegart) Eduardo De Guzmán 1972, Editorial Mundo Actual.
  • Aurora de sangre o la virgen roja Rafael Azcona Jet Films 1977. Guión do filme de Fernán Gómez baseado na novela de Eduardo de Guzmán
  • Auroras Anlaß Erich Hackl, Zürich, 1987
  • La virgen roja Fernando Arrabal, Barcelona, Seix Barral, 1987.

Cinema[editar | editar a fonte]

  • Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977)
  • The red virgin (2014), dirixida por Sheila Pye.[4]
  • Hildegart oder Projekt: Superwoman (2016), dirixida por Barbara Caspar.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]