Gunrod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gunrød ou Gunrod (do nórdico antigo: Guðrðr) (m. 970) foi un caudillo viquingo noruegués considerado rei do mar (sækonungr) que dende as súas bases permanentes no Loira[1] lanzou sanguentas incursións nas costas cantábricas da península ibérica con cen naves armadas no 968,[2] asentándose en Galiza durante un ano enteiro.[3] Posibelmente Gunrod tiña parentesco familiar, primo ou irmán, con Harald II de Noruega.[4]

En marzo de 968 Gunrod chega ás portas de Compostela, o bispo Sisnando Menéndez encargouse da defensa e o 29 de marzo de 968 enfrontouse aos viquingos na batalla de Fornelos, foi derrotado e morreu dun frechazo. Os viquingos entraron na cidade sen máis resistencia.

O conde Gonzalo Sánchez rematou coa aventura viquinga no ano 970 lanzando un ataque cun poderoso exército que venceu aos nórdicos en cruenta batalla e tras capturar a Gunrod e os superviventes da súa frota, pasounos a todos a coitelo.[5] Unha resposta tan sanguenta probabelmente debeuse a que no século X se chegou a dicir que, vistos os precedentes de expedicións previas, o viquingo era peor inimigo que o mouro.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forte, Oram, and Pedersen (2005), Viking Empires, ISBN 0-521-82992-5 p. 60
  2. Velasco, Manuel (2008) Breve Historia de los Vikingos, ISBN 84-9763-198-6 p. 175
  3. Morales Romero, Eduardo (1997). Os vikingos en Galicia. ISBN 9788481216615. 
  4. A. Fabricius, Forbindelserne mellem Norden og den Spanske Halvø i ældre Tider, Copenhague, 1882.
  5. Eduardo Morales Romero: Los vikingos en España. Revista Historia de Iberia Vieja, n.º 12, Madrid: HRH Editores, 2006.
  6. Scheen, Rolf. «Viking raids on the Spanish peninsula» en Militaria. Revista de cultura militar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]