Herencia borgoñoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A herdanza borgoñoa é o nome dos territorios da dinastía borgoñoa que acabaron en mans da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón representada por Carlos I, por herdanza de Filipe o Fermoso, rei consorte de Castela.

Orixe[editar | editar a fonte]

A herdanza tivo a súa orixe en Filipe III de Francia e en Roberto I de Artois. Filipe III foi o pai de Filipe IV de Francia e este foi o pai de Lois X de Francia (m. 1316), de Carlos IV de Francia (m. 1328) e de Filipe V o Longo (m. 1322), casado con Xoana de Borgoña, condesa de Artois e Borgoña.

Filipe III foi o pai de Carlos de Valois e este de Filipe VI de Francia (m. 1350) e de Carlos. Filipe VI tivo a Xoán II de Francia o Bo, que foi duque de Borgoña (1361-1363) e rei de Francia, e morreu en 1364. Estivo casado dúas veces: a primeira con Bona e a segunda con Xoana de Auvernia.

Reunión de Artois e o condado palatino de Borgoña[editar | editar a fonte]

Artois[editar | editar a fonte]

Condado palatino de Borgoña[1][editar | editar a fonte]

O conde Otón IV de Borgoña casou con Matilde, condesa de Artois (1309-1329) e tiveron só unha filla: Xoana de Borgoña, condesa de Artois por herdanza materna e condesa de Borgoña por herdanza paterna. Morreu en 1329 e deixou cinco fillos do seu casamento con Filipe V de Francia o Longo (morto en 1322)

  • Filipe V o Longo e Xoana de Borgoña e Artois.
    • Lois (morto en 1317).
    • Xoana de Francia (morreu 1347), condesa de Artois e Borgoña 1329-1347, casada co duque Odón IV de Borgoña (morto en 1350).
      • Filipe (morto en 1346) casado con Xoana de Auvernia (véxase máis arriba) que despois casou con Xoán II de Francia o Bo.
        • Filipe de Rouvres, conde de Artois e Borgoña (1347-1361) por herdanza da súa avoa Xoana de Francia, e duque de Borgoña (1350-1361) por herdanza de seu avó Odón IV; á súa morte, a herdanza da avoa pasou á súa tía Margarida I e a do avó a Xoán II de Francia (1361-1363)[2].
    • Margarida I > ver a continuación Flandres-Nevers-Rethel.
    • Isabel.
    • Branca.

Unión de Artois, condado de Borgoña, Flandres, Nevers e Rethel[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Non confundir co Ducado de Borgoña.
  2. Xoán II tiña catro fillos: Carlos V de Francia, Lois I duque de Anjou, Xoán duque de Berry e Filipe o Audaz; cedeu o ducado de Borgoña ao seu fillo Filipe o Audaz o 6 de setembro de 1363).
  3. Á morte do seu marido en 1404, o goberno dos condados de Margarida pasaron de feito ao seu fillo, malia que de iure non foi ata o 1405.
  4. A lei sálica en Aragón non permitía reinar ás mulleres: polo tanto Xoana non podía reinar e a coroa tería pasado a Filipe pero cando Xoana e Filipe casaron en 1506, Fernando o Católico aínda estaba vivo; tratou de ter un fillo varón para preservar a independencia do seu reino pero non o conseguiu; Xoana foi raíña nominal de Castela ata o 1555, pero Carlos, fillo de Xoana e Filipe, e neto de Fernando herdou a este último cando morreu en 1516; de feito, pola incapacidade da nai, recibiu tamén a administración de Castela polo testamento de Fernando e recoñecéuselle o título real en Aragón o 1517 e en Castela en 1518.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]