Montevideo Wanderers Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Montevideo Wanderers
NomeMontevideo Wanderers Fútbol Club
Alcume(s)"Bohemios, Vagabundos"
Fundación15 de agosto de 1902
EstadioParque Alfredo Víctor Viera
Inauguración15 de outubro de 1933
Capacidade12 500
PresidenteGabriel Blanco
AdestradorJosé Daniel Carreño
LigaPrimeira División do Uruguai
202010
Na rede
https://www.mwfc.com.uy
Facebook: mwfc.oficial Twitter: mwfc_oficial Instagram: mwfc_oficial Youtube: UCTA19kNUehQgwWTmICCIzUQ Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Montevideo Wanderers Fútbol Club, é un club deportivo uruguaio da cidade de Montevideo fundado en 1902. Os seus seareiros son alcumados "bohemios" ou "vagabundos" e milita na Primeira División do Uruguai. O seu estadio é o Parque Alfredo Viera, con capacidade para 15 000 espectadores no barrio do Prado de Montevideo.

Orixe[editar | editar a fonte]

O equipo naceu o 15 de agosto de 1902. Sobre a procedencia do nome hai dúas teorías: dunha parte uns afirman que os seus fundadores admiraban o Wolverhampton Wanderers F.C., un club británico; mentres que outros consideran que foron chamados vagabundos polos seareiros do Albion, un equipo de moita sona na época[1].

Estadio Parque Alfredo Victor Viera (Montevideo)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Estes son algúns dos títulos máis senlleiros do Montevideo Wanderers ao longo da súa traxectoria:[2]

Equipo do Wanderers que gañou a liga de 1906
  • Campión Uruguaio: 1906, 1909, 1923, 1931.
  • Campión da Copa de Honra: 1908, 1910, 1937.
  • Campión da Copa e Campionato Competencia: 1906, 1908, 1911, 1917, 1918, 1987, 1990.
  • Campión da Liga Pre-Libertadores de América: 1987, 2001.
  • Campión de Clausura e primeiro posto na táboa anual: 2013 – 2014.
  • Campión Copa Montevideana: 1980, 1981, 1985.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Montevideo Wanderers Fútbol Club celebra este 15 de agosto sus 118 años". Revista Galeria de Busqueda en Montevideo Portal (en castelán). Consultado o 2021-03-30. 
  2. "Montevideo Wanderers Futbol Club". www.mwfc.com.uy (en castelán). Consultado o 2021-03-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]