Guadalupe Sabio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuadalupe Sabio
Biografía
Nacemento(es) Guadalupe Sabio Buzo Editar o valor em Wikidata
4 de xuño de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Estremadura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbioquímica , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNational Center for Cardiovascular Research (en) Traducir, professor assistente (pt) Traducir (2011–2016)
Instituto Médico Howard Hughes (pt) Traducir, research associate (en) Traducir (2005–2009) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websabiolab.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: Gsabiolab Dialnet: 3481717 Editar o valor em Wikidata

Guadalupe Sabio Buzo, nada en Badaxoz o 4 de xuño de 1977, é unha científica e profesora española, directora dun grupo de investigación no Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC) do Instituto Carlos III de Madrid.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Estremadura con Premio Extraordinario, en 2005 conseguiu o Doutoramento Europeo do Medical Reserch Council. Foi aceptada no grupo de Roger Davis, no Instituto Médico Howard Hughes da Universidade de Massachusetts pola súa investigación sobre as proteínas quinasas do estrés. Foi recoñecida pola Fundación L'Oréal-Unesco polo seu estudo sobre a obesidade e a súa relación co cancro de fígado e a diabetes e recibiu o Premio Príncipe de Xirona en Ciencia e Academia. Polo seu labor a favor dos dereitos da muller foille outorgado o premio Estrella da Comunidade de Madrid.[3] Foi investigadora no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC.[1]

A súa liña principal de investigación é o papel das quinasas activadas polo estrés no desenvolvemento de enfermidades asociadas á obesidade como enfermidades cardiovasculares, diabetes e o cancro hepático.[4]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Fundación Princesa de Xirona de Investigación Científica (2012)[5]
  • Bolsa de investigación L'Oréal-Unesco 'Polas Mulleres na Ciencia' (2009)[6]
  • Premio Estrella da Comunidade de Madrid (2014)[1]
  • Premio Novo Investigador SEBBM-Biotools (2016)[7]
  • Elixida unha das Top100 Mulleres Líderes (2014, 2015 e 2017)[Cómpre referencia]
  • Seleccionada como EMBO Young Investigator (2017-)[8][9]
  • Premio á Investigación Fundación Jesús Serra (2018)[10]
  • Premio Novos Investigadores da Fundación AstraZeneca (2018)[11]
  • Membro do Comité Científico Asesor da Fundación Gadea Ciencia (2019-)[12]
  • Premio Mulleres a Seguir na categoría de Ciencia (2019)[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares Carlos III (ed.). "Guadalupe Sabio Buzo". cnic.es. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  2. Sánchez Juárez, Ana (27 de marzo de 2014). "Guadalupe Sabio: 'La base del éxito es saber fracasar'". El Mundo. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  3. Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares Carlos III, ed. (7 de marzo de 2014). "La investigadora Guadalupe Sabio recibe la Estrella de la Comunidad de Madrid en el Día Internacional de la Mujer". cnic.es (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2015. 
  4. "Investigar con perspectiva de género es básico para salvar la vida de las mujeres y prevenir enfermedades". Público.es (en castelán). 5 de agosto de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  5. "Guadalupe Sabio, Premio FPdGi Investigación Científica 2012". es.fpdgi.org (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2020. 
  6. "La investigadora extremeña Guadalupe Sabio obtiene una beca L'oreal-Unesco por sus trabajos sobre el cáncer hepático". www.europapress.es. EuropaPress. 18 de novembro 2009. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  7. "La investigadora Guadalupe Sabio, Premio joven investigador Sebbm-Biotools". La Crónica de Badajoz (en castelán). 16 de setembro de 2016. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  8. Jukic, Igor. "EMBO welcomes 28 new Young Investigators". EMBO (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  9. G. Gómez, Noemí (25 de outubro de 2017). "Los investigadores Manuel Irimia y Guadalupe Sabio, en el ‘top’ de MBO". EFE Futuro (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  10. "Guadalupe Sabio y Pablo Pérez, Premio Investigación Jesús Serra". La Vanguardia (en castelán). 17 de abril de 2018. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  11. "Una científica extremeña, ganadora en los IV Premios Jóvenes Investigadores de la Fundación AstraZeneca". www.astrazeneca.es (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2020. 
  12. "Sabio, Guadalupe". Fundación Gadea Ciencia. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  13. "Nueve mujeres sobresalientes y una recién nacida, ganadoras de los Premios MAS". MAS: Mujeres a seguir (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 9 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]