Universidade de Massachusetts
Universidade de Massachusetts | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Tipo | sistema de universidade estatal ![]() | ||
Persoas e organizacións | |||
Número estudiantes | 75.431 ![]() | ||
Datas | |||
Fundación | 1863 ![]() | ||
Localización | |||
Estado | Estados Unidos de América | ||
Estado federado | Massachusetts ![]() | ||
Sede | Boston ![]() | ||
Membro de | |||
Membro de
| |||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | massachusetts.edu ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
A Universidade de Massachusetts é un sistema universitario público dos Estados Unidos con cinco campus e un único sistema público de investigación,[1] na Commonwealth de Massachusetts.
Sistema universitario
[editar | editar a fonte]O sistema universitario inclúe cinco campus (Amherst, Boston, Dartmouth, Lowell e unha Escola de Medicina en Worcester), un campus satélite en Springfield.[2][3] Conta tamén con 25 campus en California e Washington, D.C. confomado a Universidade de Massachusetts Global. Nos seus campus estudaban en 2019, 75 065 alumnos.[4]
A administración do sistema está en Boston e Shrewsbury,[5] e está acreditada pola Asociación de Escolas e Facultades de Nova Inglaterra.
Algúns datos
[editar | editar a fonte]O sistema universitario inclúe cinco universidades:
- Universidade de Massachusetts Amherst, tamén coñecida como Massachusetts, UMass, ou UMass Amherst.
- Universidade de Massachusetts Lowell, tamén coñecida como UMass Lowell'.
- Universidade de Massachusetts Dartmouth, tamén coñecida como UMass Dartmouth, UMassD, ou UMD.
- Universidade de Massachusetts Boston.
- Escola Médica da Universidade de Massachusetts.
Conta cun alumnado global de máis de 75 000 estudantes.[6]
Segundo a clasificación académica de universidades do THE, en 2010 foi catalogada como a 56ª mellor universidade do mundo.[7] Tamén foi catalogada como a 19ª mellor universidade do mundo na clasificación de reputación mundial do xornal The Times no ano 2011.
En 2012, o estado de Massachusetts achegou 607 millóns de dólares para favorecer a posta en marcha de proxectos de educación e investigación de alto nivel a través do Sistema de universidades públicas de Massachusetts.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "University of Massachusetts". Times Higher Education World University Rankings. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "UMass Opens Springfield Center Campus Office". WAMC/Northeast Public Radio. Consultado o 15 de outubro de 2022
- ↑ "UMass' Springfield center holds opening ceremony". boston.com. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ Quick Facts. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "University of Massachusetts Office of the President", Consultado o 15 de outubro de 2022,
- ↑ Lederman, D. (2012): «University of Massachusetts reports record number of students -nearly 71,000 - across 5 campus system». MassLive.com. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ «University of Massachusetts rated one of the best universities in the world». Massachusetts.edu. 29 de novembro de 2011. Arquivado desde o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ «Patrick announces $607M in new funding for UMass system». Heraldnews.com. 2 de outubro de 2012. Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ «As UMass celebrates 150th anniversary, $607 million invested in UMass System». Goberno de Massachusetts. 2 de outubro de 2012. Arquivado desde o orixinal o 8 de outubro de 2013. Consultado o 15 de outubri de 2022.