Groucho Marx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Groucho Marx
Groucho Marx.jpg
Groucho Marx
Nome completo Julius Henry Marx
Nacemento 2 de outubro de 1890
Lugar Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 19 de agosto de 1977
Lugar Os Ánxeles Estados Unidos de América Estados Unidos
Causa Pneumonía
Soterrado Eden Memorial Park Cemetery
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia American Jews
Cónxuxe(s)
  • Ruth Johnson (1920-1942)
  • Kay Marvis Gorcey (1945-1951)
  • Eden Hartford (1954-1969)
Fillos Arthur Marx, Miriam Marx e Melinda Marx
Profesión actor, comediante e escritor
Coñecido/a por Groucho Marx
Groucho Marx (sentado), xunto dos seus irmáns Chico (esquerda) e Harpo (dereita) en 1948.

Groucho Marx, nado en Nova York o 2 de outubro de 1890 e finado nos Ánxeles (California) o 19 de agosto de 1977, foi un actor e comediante e escritor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu como Julius Henry Marx en Nova York, fillo de Minnie Schoemberg, inmigrante alemá cuxos pais rexentaban unha compañía de cómicos ambulantes, e de Sam Marx, de orixe francesa.

Marx debutou no mundo do espectáculo aos 15 anos como cantante solista. Pasado algún tempo comezou a actuar xunto aos seus irmáns no vodevil, primeiro en tríos ou cuartetos musicais e finalmente en revistas. A obra The Cocoanuts, interpretada de 1925 a 1928, deu aos Marx a súa oportunidade en Broadway. A raíz deste éxito, e tras esquecer a súa infrutuosa rodaxe dunha primeira e perdida película muda no ano 1921 (Humor Risk), asinaron tamén un acordo coa Paramount, coa que fixeron varias películas, como The Cocoanuts, Horse Feathers e Duck Soup, entre outras.

Caricatura do actor

Tras saír da Paramount, e grazas ao novo xenio Irving G. Thalberg, os irmáns Marx comezaron a traballar coa Metro Goldwyn Mayer, de onde saíron películas como Unha noite na ópera e A Day at the Races. Na década de 1950 cada un dos tres irmáns continuou traballando independentemente na radio, na televisión e no cine, sendo Groucho o que obtivo máis éxito, grazas á súa faceta como escritor e sobre todo grazas ao seu famosísimo programa televisivo You Bet Your Life, co que se fixo realmente famoso nos Estados Unidos entre unha xeración de persoas que nunca o viran no teatro e que apenas o coñecían dalgunha das súas vellas películas.

Marx faleceu nos Ánxeles a causa dunha pneumonía, deixando atrás tres ex-esposas, Ruth, Kay e Eden, tres fillos, Arthur, Miriam e Melinda, 18 películas, 14 delas xunto aos seus irmáns (unha delas perdida), e millóns de admiradores. Unha das súas célebres frases foi: "Nunca pertencería a un club que admitise como socio alguén coma min".

Groucho Marx foi incinerado, as súas cinzas gárdanse no Eden Memorial Park, sendo falso o epitafio "Perdoen que non me levante", que popularmente se cre que está na súa tumba.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]