Duck Soup
Duck Soup | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Duck Soup |
Director | Leo McCarey |
Produtor | Herman J. Mankiewicz |
Guión | Bert Kalmar Harry Ruby Arthur Sheekman Nat Perrin) |
Intérpretes | Groucho Marx Chico Marx Harpo Marx Zeppo Marx Margaret Dumont Louis Calhern |
Música | Bert Kalmar Harry Ruby Frank Churchill |
Fotografía | Henry Sharp |
Montaxe | Le Roy Stone |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 1933 |
Duración | 70 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
|
Duck Soup (en galego Sopa de parrulo) é un filme americano de 1933 protagonizado por Groucho Marx, Chico Marx, Harpo Marx e Zeppo Marx, e coas intervencións de Margaret Dumont, Louis Calhern, Raquel Torres e Edmund Breese. Foi o derradeiro filme dos Irmáns Marx para a Paramount e o derradeiro de Zeppo Marx. Foi dirixido por Leo McCarey.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Rufus T. Firefly é un personaxe que chega a ser presidente de Freedonia unha vez que o antigo presidente é destituído do cargo por problemas na administración e desavinzas cos aristócratas do lugar, en particular, a rica viúva Gloria Teasedale. Hai ameazas de guerra co país veciño, Sylvania, e aínda que se trata de facer a paz, Firefly rexéitaa.
Os encargados de espialo son Chicolini e Pinky, que fan o que poden, pagados polo país rival para secuestralo ou roubarlle as estratexias de guerra. Porén, tras un xuízo por traizón a Chicolini, son persuadidos de unírense ao exército de Freedonia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Groucho Marx como Rufus T. Firefly
- Harpo Marx como Pinky
- Chico Marx como Chicolini
- Zeppo Marx como Bob Roland
- Margaret Dumont como Mrs. Gloria Teasdale
- Louis Calhern como Trentino
- Raquel Torres como Vera Marcal
- Edmund Breese como Zander