Gregorio Ferro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1742 Lamas, España |
Morte | 23 de xaneiro de 1812 (69 anos) Madrid, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Profesores | Anton Raphael Mengs (pt) |
Alumnos | José de Madrazo |
Gregorio Ferro Requeixo, nado en Lamas (Boqueixón) o 24 de decembro de 1742 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1812, foi un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai.
Trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou como servente, ou "rapaz de sancristía", no mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura.
Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a Madrid con quince anos, e entrou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando da man de Anton Raphael Mengs.
Despois marchou a Roma a completar a súa formación e alí gañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en 1781 Académico de San Fernando grazas a un cadro do Martirio de San Sebastián.
En 1788 foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de Francisco Bayeu, para pasar a ser o seu Director de Pintura en 1791 logo da renuncia de Francisco de Goya. En outubro de 1804 a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei Carlos IV o 4 de novembro. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.
Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en Madrid e Aranjuez, incluíndo varios frescos no Palacio Real e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais doutras obras menores na zona de Murcia, provincia de Cuenca e Galicia sobre todo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gregorio Ferro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ferro Requeijo, Gregorio". Diccionario enciclopédico galego universal 27. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- "Ferro Requeijo, Gregorio". Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Ferro Requeijo, Gregorio". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ferro Requeijo, Gregorio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Frayán, Payo (1913). "Sobre pintura gallega". Almanaque Gallego para 1914 (en castelán) (Madrid [Buenos Aires]): 110–115.
- López Bernárdez, C. (2005). Breve historia da arte galega - Breve historia del arte gallego (en bilingüe). Nigra Trea. ISBN 84-95364-33-6.
- Morales y Marín, J. L. (1º semestre). "El pintor Gregorio Ferro (1742-1812), Director General de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando…". Boletín de la RABASF (en castelán) (BVMC) (84).
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. ISBN 84-95364-15-8.
- Vázquez; García; Rosende; Ortega; Sobrino (1982). Historia del Arte Gallego (en castelán). Madrid: Alhambra. ISBN 84-205-0913-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bibliografía sobre Gregorio Ferro Requeixo en pintoresgallegos.com (en castelán).